Paros en Eurocen na Coruña

Esta semana a empresa Eurocen, do sector do telemarketing, modificou preto de 150 traballadores o seu horario dun día para outro , incumprindo a lexislación laboral e os acordos acadados co comité. Ademais, trátase de horarios provisorios «ajustados a las necesidades de servicio actuales". A intención da empresa é clara: Impor rotacións dos fines de semana mensualmente, o que implica rematar có calendario laboral anual, no que están establecidos os horarios anuais e os fins de semana que toca traballar ao longo do ano. Modificar os horarios en funcións das "necesidades del servicio" supón na práctica: obrigar a traballar os fins de semana que non corresponde se MoviStar ou calquer outro cliente decide que vai a haber más tráfico de chamadas, impor traballar 11 días consecutivos… A esto debe unirse a política de "ascensos" a dedo, os despidos, as modificacións nos incentivos (cada vez cobramos menos), o oscurantismo nos cambios de quenda e departamento, as faltas de respeto, …

Esta actitude é totalmente inadmisible. ¿Non é tempo de que os traballadores de Eurocen digamos alto e claro que cos nosos dereitos non se xoga?  ¿Estamos dispostos a seguir tragando? ¿Non é tempo de decir: BASTA!!!? Para a CGT é o momento de que todos e todas plantemos cara a esta dirección e, unidos, impidamos que se sigan a vulnerar os nosos dereitos. Por todo isto, a CGT, xunto ao resto das organizacións sindicais presentes no Comité de Empresa, ten convocado legalmente paros dunha hora de duración para o vindeiro mércores, 16 de febreiro, de 12:00 a 13:00, e de 18:00 a 19:00.

 

Sykes cabalga de nuevo

La empresa Sykes, que el año pasado acumuló el mayor número de despidos de Galicia, que reiteradamente ha sido sancionada en el Juzgado de lo Social y que presuntamente ha aportado datos falsos a la Consellería de Traballo en la presentación del ERE (año 2010), vuelve a cabalgar. Después de haber sido sancionada por fraude en la contratación, lo que le ha llevado a tener que hacer un gran volumen de contratos indefinidos, ahora inicia una operación de acoso y despido entre los trabajadores; el motivo: seguir despidiendo mientras, por otro lado, contrata a nuevos trabajadores aprovechando, supuestamente, las suculentas subvenciones que estas contrataciones reciben.
Ante estos hechos, la Sección Sindical de CGT ha decidido iniciar movilizaciones, la primera de las cuales se realizará delante del centro de trabajo, en el Polígono de A Grela, C/ Copernico 6, Edificio BCA, nº 28, el próximo martes 15 de Febrero de 11:30 a 12:00 horas.

 

 

 

 

Folga Xeral e manifestación

O día 27, día da Folga Xeral, a CGT da Coruña, conxuntamente coa CUT, convoca unha manifestación que sairá, ás 12:30 horas, da Praza de Portugal.

Con motivo da Folga Xeral, a CGT da Coruña fixo público o seguinte manifesto:

«A Confederación Xeral do Traballo (CGT) fai un chamamento á clase traballadora e á toda a sociedade coruñesa para que participe, o próximo 27 de xaneiro, na Folga Xeral e nas mobilizacións que se realicen naquela data en defensa dos dereitos sociais e laborais que nos están roubando e en protesta polas políticas antisociais do goberno. Só unha mobilización xeral, ampla e firmemente levada a cabo polos traballadores e traballadoras conseguirá acadar as reivindicacións formuladas nesta folga: Read More

 

 

Inauguración na Coruña do Memorial ás vítimas da represión franquista

A inauguración do Memorial ás vítimas da represión franquista, «Xérmolos de Paz e Liberdade», do escultor «Valdi», terá lugar o vindeiro domingo, 19 de decembro de 2010, as 17 horas, na avenida de Navarra (nos xardíns, fronte á residencia Torrente Ballester), organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
Nesta inauguración procederase a unha lectura colectiva dos nomes das 600 persoas asasinadas polo franquismo nos concellos da Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada; coa participación de distintas entidades, entre elas a CGT da Coruña, así como persoas do mundo da cultura, deporte, profesionais, etc. Haberá varias intervencións, entre elas de familiares das vítimas, e música.
Mais información:

 

Manifestación no día da Folga de Consumo:

21 de decembro de 2010: Folga de consumo 20:00 H Manifestación dende Praza Fernando o Católico ESTE MARTES 21 DE DECEMBRO: FOLGA DE CONSUMO CONTRA O CAPITALISMO: XORNADA SEN CONSUMO, DÍA SEN COMPRAS POR QUE UNHA FOLGA DE CONSUMO? Tras a Folga Xeral do 29-S, traballando pola convocatoria de novas folgas xerais no estado español e unha Folga Xeral europea, proseguimos cun calendario de mobilizacións, manifestacións, de loitas en fábricas, empresas, sectores, territorios… contra as políticas antisociais do goberno, a reforma laboral, a reforma das pensións, os recortes sociais e laborais, ata conseguir a derrogación de todas estas leis e instaurar as bases dun novo modelo social, económico e produtivo que non estea baseado no produtivismo, o crecemento indiscriminado, a política de desenvolvemento, a explotación, o consumismo.

Read More