De novo, a empresa Unipost volve saltar o pagamento da extra de Nadal aos seus traballadores e traballadoras, incumprindo todos os acordos establecidos nese senso e decidindo de xeito unilateral un calendario de pagamentos.
Na reunión celebrada en Barcelona o día 15 de decembro, a empresa ten comunicado que volverá a fraccionar a paga de Nadal en 4 prazos do 25%: o 5 de xaneiro (aínda que sen garantir); o 5 de abril, coa nómina de marzo; o 5 de maio coa nómina de abril; e o 5 de xuño, coa nómina de maio (abonando nesta última os xuros de mora).
A empresa asegurou o pago íntegro da nómina de decembro no vindeiro 5 de xaneiro e asegurou que dende o primeiro de xaneiro asumirá a recuperación do 2,5% das táboas salariais.
A CGT solicitou á empresa o pagamento íntegro da totalidade da paga e non vai a consentir máis retrasos. Acudirá novamente aos tribunais para que paguen canto antes. Asemade, a CGT lembra á empresa que o acordo vixente, no seu punto 6, afirma que a empresa aboará a paga de Nadal en tempo e forma, polo tanto volve a incumprir.
Ademais, a CGT recorda que existe unha comisión de seguimento encargada de velar polo cumprimento íntegro do acordo dado o compromiso firmado por Unipost-UGT-USO. Pese a ser eles os asinantes do acordo que establece o pagamento no día 15 de decembro, a UGT e USO solicitaron á empresa «que dea algo da paga», admitindo o incumprimento empresarial.
Sección Sindical da CGT en UNIPOST

As Marchas da Dignidade, das que fai parte a CGT de Galicia, chaman a encher o Obradoiro nunha grande mobilización en Compostela, o vindeiro sábado 24 de Outubro. Varias columnas procedentes das diferentes cidades e vilas da Galiza van a confluir na Praza do Obradoiro, arredor das 12 do mediodía.
A Plataforma Galega das Marchas da Dignidade, da que fai parte a CGT de Galicia, ten convocado manifestacións nas principais cidades galegas, preparatorias da mobilización do vindeiro 24 en Compostela.
O vindeiro domingo 20 de setembro está convocada unha nova Marea Branca en defensa da Sanidade Pública, convocada pola 
A CGT da Coruña fai un chamado a toda a súa afiliación e ao conxunto da cidadanía a participar o vindeiro domingo 19 de xullo nunha nova "Marea Branca" convocada para as 12:30 horas no Obelisco da Coruña. Baixo o lema "A sanidade non se vende, deféndese!" esta mobilización está convocada pola 
