Nova Marea Blanca: 13 de marzo

a3mareablancacoruc3b1asantiagofinal2O vindeiro domingo 13 de Marzo ás 12:30, terá lugar unha nova Marea Branca en defensa dunha sanidade pública e de calidade, rexeitando as listas de espera, o peche de camas e plantas enteiras dos hospitais, reclamando o acceso ás vacinas e medicacións para todos os doentes. Súmase tamén a denuncia da precariedade na atención xeriátrica.

Unha vez mais, a CGT da Coruña chama a continuar a mobilización en defensa da sanidade pública, participando nesta nova edición da Marea Branca que terá lugar nas rúas de Santiago, Pontevedra e A Coruña (Obelisco).

 

Unipost continúa a incumprir cos seus traballadores

IMG-20151215-WA0001De novo, a empresa Unipost volve saltar o pagamento da extra de Nadal aos seus traballadores e traballadoras, incumprindo todos os acordos establecidos nese senso e decidindo de xeito unilateral un calendario de pagamentos.
Na reunión celebrada en Barcelona o día 15 de decembro, a empresa ten comunicado que volverá a fraccionar a paga de Nadal en 4 prazos do 25%: o 5 de xaneiro (aínda que sen garantir); o 5 de abril, coa nómina de marzo; o 5 de maio coa nómina de abril; e o 5 de xuño, coa nómina de maio (abonando nesta última os xuros de mora).
A empresa asegurou o pago íntegro da nómina de decembro no vindeiro 5 de xaneiro e asegurou que dende o primeiro de xaneiro asumirá a recuperación do 2,5% das táboas salariais.
A CGT solicitou á empresa o pagamento íntegro da totalidade da paga e non vai a consentir máis retrasos. Acudirá novamente aos tribunais para que paguen canto antes. Asemade, a CGT lembra á empresa que o acordo vixente, no seu punto 6, afirma que a empresa aboará a paga de Nadal en tempo e forma, polo tanto volve a incumprir.
Ademais, a CGT recorda que existe unha comisión de seguimento encargada de velar polo cumprimento íntegro do acordo dado o compromiso firmado por Unipost-UGT-USO. Pese a ser eles os asinantes do acordo que establece o pagamento no día 15 de decembro, a UGT e USO solicitaron á empresa «que dea algo da paga», admitindo o incumprimento empresarial.

Sección Sindical da CGT en UNIPOST

 

En defensa da Sanidade Pública … nova Marea Branca

mareabranca_nov2015A CGT anima a participar activamente o vindeiro domingo 15 de novembro nunha nova Marea Branca en defensa da Sanidade Pública, convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública.

As mobilizacións terán lugar simultaneamente na Coruña, Pontevedra e Compostela, ás 12:30 horas, nos seguintes puntos: Na Coruña, no Obelisco, en Pontevedra na Praza da Peregrina, en na Praza do Toural en Compostela.

 

 

As Marchas da Dignidade a Compostela, o 24 de outubro

cartaz_dignidade_24OAs Marchas da Dignidade, das que fai parte a CGT de Galicia, chaman a encher o Obradoiro nunha grande mobilización en Compostela, o vindeiro sábado 24 de Outubro. Varias columnas procedentes das diferentes cidades e vilas da Galiza van a confluir na Praza do Obradoiro, arredor das 12 do mediodía.

Os autobuses das Marchas da Dignidade da Coruña sairán da Praza de Ourense ás 09:45 horas.

A CGT da Coruña intégrase dentro da chamada Columna Norte, que partirá da explanada do antigo Mercado do Gando de Salgueiriños, ás 11 da mañá, marchando por Xoán XXIII e San Francisco até o Obradoiro.

O regreso farase ás 14:30 horas desde a lanzadeira de autobuses que está sobre o aparcadoiro da rúa Xoán XXIII.

Comité Local da CGT da Coruña

 

Manifestacións das Marchas da Dignidade o 8 de outubro.

dignidadeA Plataforma Galega das Marchas da Dignidade, da que fai parte a CGT de Galicia, ten convocado manifestacións nas principais cidades galegas, preparatorias da mobilización do vindeiro 24 en Compostela.

As manifestacións partirán dos seguintes puntos ás 20 horas, agás en Ferrol que o fará ás 18:30 horas:

  • Vigo: Praza de Fernando o Católico.
  • A Coruña: Praza de Portugal
  • Compostela: Porta do Camiño
  • Ourense: Subdelegación do Goberno
  • Lugo: Ronda da Muralla (Edificio Xunta)
  • Pontevedra: Praza da Peregrina.
  • Ferrol: Praza de Amada García.

 

Nova Marea Branca en defensa da Sanidade Pública

a3-marea-blanca-setembroO vindeiro domingo 20 de setembro está convocada unha nova Marea Branca en defensa da Sanidade Pública, convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública.

As mobilizacións terán lugar simultaneamente na Coruña, Pontevedra e Compostela, ás 12:30 horas, nos seguintes puntos: Na Coruña, no Obelisco, en Pontevedra na Praza da Peregrina, en na Praza do Toural en Compostela.

 

 

A CGT denuncia enchufismo en Correos

Logo CGT Correos buzonA CGT en Correos ven de presentar denuncia á Inspección de Traballo pola contratación por parte da empresa pública Correos S.A.E de persoas sen estar nas listas de contratación e sen ter superado ningún tipo de proceso selectivo neste verán para traballar no Reparto e en Atención ao Cliente. A CGT tivo constancia destes contratos irregulares efectuados en Carballo, A Coruña e, especialmente, no pavillón postal que Correos ten perto do Aeroporto de Lavacolla.

A CGT entende que nunha provincia con máis de 80000 persoas na procura de emprego, se Correos precisara a persoas para traballar debería ter acudido aos servizos públicos de emprego ou facer reabrir as bolsas de contratación eventual de xeito transparente e público a toda a cidadanía tal como lle indica o convenio colectivo en vigor.

Desde o punto de vista da CGT Correos cometeu unha grave infracción na elaboración de contratos públicos ao non publicar en ningures as bases para a contratación, os méritos cuantificábeis nin ningún outro dos requisitos imprescindibles.

Mais información no blog da Sección Sindical da CGT en Correos na Coruña

 

«Marea Branca» en defensa da sanidade pública o 19 de xullo

CARTELcgt_sANIDADEA CGT da Coruña fai un chamado a toda a súa afiliación e ao conxunto da cidadanía a participar o vindeiro domingo 19 de xullo nunha nova “Marea Branca” convocada para as 12:30 horas no Obelisco da Coruña. Baixo o lema “A sanidade non se vende, deféndese!” esta mobilización está convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública, da que fai parte a CGT da Coruña, por unha sanidade pública, gratuíta, universal e de calidade: contra o peche de 1200 camas hospitalarias, contra a privatización da sanidade, polo dereito a vacinas e medicinas para todos e todas, … Na cidade de Compostela, a concentración terá lugar, o mesmo día e á mesma hora, na Praza do Toural.

Comité Local da CGT da Coruña

 

Manifestación dos traballadores de Correos en Compostela

O próximo sábado, día 20, a CGT, conxuntamente coa CIG, convoca unha manifestación en protesta pola situación dos traballadores de Correos. A mobilización comezará ás 11 da mañá na Porta do Camiño e rematará no edificio de Correos na rúa do Franco.

  • Menos carteir@s, menos contratación, máis recortes, máis precariedade laboral.
  • Queren acabar con nós!
  • Temos que impedilo!
  • Sen carteir@s non hai Correos
  • Pola cobertura de todas as prazas
  • Polo cumprimento do servizo público universal
  • Por unhas condicións de traballo dignas no CTA

Sindicato Federal de Correos da CGT – A Coruña

 

Manifestacións nas principais cidades galegas en apoio ás Marchas da Dignidade

A Plataforma Galega polas Marchas da Dignidade, na que se integra a CGT de Galicia, ten convocado para o vindeiro 25 de febreiro, mércores, manifestacións nas principais cidades galegas para chamar á toda a poboación a apoiar e participar nas Marchas que o 21 de marzo confluirán na cidade de Madrid para reclamar pan, traballo e teito.

  • cartel-21mEn Ferrol, a manifestación partirá do Monumento ao 10 de Marzo, ás 18:30 horas.
  • Na Coruña, saída da manifestación dende a Praza de Portugal, ás 20 horas.
  • En Lugo, a manifestación sairá ás 20 horas dende a explanada do Edificio Multiusos da Xunta.
  • En Compostela, tamén ás 20 horas, sairá a manifestación dende a Porta do Camiño.
  • En Ourense, o punto de partida será o Parque de San Lázaro, ás 20 horas.
  • En Pontevedra, dende A Pasarela (rúa 12 de novembro) sairá a manifestación ás 20 horas.
  • En Vigo, ás 20 horas dará comezo a manifestación dende a praza de Fernando o Católico.

Read More