Segunda Marcha Laranxa de Unipost. Imos a Pontevedra
Venres 3 de Febreiro, ás 19:30, celebrarase a segunda marcha laranxa en Galicia, concretamente na cidade de Pontevedra ( saída do hospital provincial na rúa Loureiro Crespo n.º2).
Aínda que a través da vía xurídica CGT estea a denunciar a falta de pagamentos e inxustizas aos que nos vemos sometidos os traballadores de Unipost, cremos imprescindible seguir facendo público o conflito continuando coas mobilizacións e concentracións e así facer un chamamento á solidariedade do pobo traballador e demostrar á dirección de Unipost que este persoal non é submiso nin pasivo.
O obxectivo é loitar a través da acción sindical e unión dos seus traballadores contra as devanditas inxustizas, polo que desde CGT chamamos á asistencia á marcha de todo o persoal de Unipost Galicia.
Non é momento de escusarse nin acomodarse, é o momento de loitar por un emprego digno tanto para nós como para o dos nosos fillos.
A unión dos traballadores pode facer posible que esta situación se reverta, polo que se pide a todos que acudades o venres día 3 de febreiro a Pontevedra a loitar polos nosos dereitos.
Saúde
CGT Unipost Galicia
A CGT da Coruña convoca Asemblea Xeral para o día 23 de xaneiro, luns. Os temas a debater son os que figuran na Orde do Día do Pleno de Sindicatos de Galicia, que terá lugar entre os días 28 e 29 de xaneiro na propia localidade da Coruña, e que son, entre outros, a posición da CGT na situación actual e a organización dos sectores. Asimesmo, tratarase do nomeamento de Secretario Xeral da CGT da Galicia e a designación da sede do Secretariado Permanente. Tamén na Asemblea elixiranse os compañeiros que asistirán ao Pleno en representación da CGT da Coruña.
Ante a precariedade laboral e falta de transparencia; ante un ano cheo de recargos, de sobrecarga de traballo, de presión, de irregularidades legais en todo o referente á actividade da empresa (contratación , consolidación de emprego, concursos de traslados, acordos coas administracións referentes ás notificacións, seguridade no traballo… un longo etcétera de cousas mal feitas… a CGT de Correos na Coruña quere facer un acto simbólico a víspera do día de reis.
1 de cada sete contratos de eventuais foron a «Idóneos», máis de 600 contratos no ano 2016
A CGT de Unipost-Galicia convoca unha manifestación o próximo venres, 16 de decembro, que sairá da Praza de Abastos de Compostela ás 19:00 horas, percorrerá o centro da cidade e rematará nunha concentración na Praza do Obradoiro.
A CGT de Unipost-Compostela convoca unha concentración o venres, 9 de setembro, na Praza do Toural, ás 13:00 horas, dentro do plan de mobilizacións reivindicativas de dereitos contra a empresa e que inclúen unha semana de paros laborais.
Continúa a loita en defensa da sanidade pública cunha nova Marea Branca, xa a 11ª, o vindeiro domingo 17 de abril, ás 12:30. Fronte as metiras dos gobernantes (o ministro Montoro culpabilizando aos doentes), fronte as listas de agarda, a escaseza de material e medios, ante a empleo de prótesis e materiais de inferior calidade aos empregados ata o de agora, co fin de aforrar custos, e que está a provocar dor e sufrimento as e os doentes, chega unha nova Marea Branca, reclamando a derrogación das leis 15/1997 de novas formas de xestión da sanidade, a 16/2012 de medidas de sostenibilidade do sistema, o artigo 135 da Constitución que pon a débeda por diante das necesidades básicas da cidadanía e o artigo 90 da lei Xeral de Sanidade que posibilita a concertación con centros privados.
O vindeiro domingo 13 de Marzo ás 12:30, terá lugar unha nova Marea Branca en defensa dunha sanidade pública e de calidade, rexeitando as listas de espera, o peche de camas e plantas enteiras dos hospitais, reclamando o acceso ás vacinas e medicacións para todos os doentes. Súmase tamén a denuncia da precariedade na atención xeriátrica.