Por medio de la presente convócase Asemblea Xeral de Afiliados da Federación Local de Sindicatos de Vigo da Confederación Xeral do Traballo, o vindeiro mércores 13 de febreiro ás 19:30 co seguinte orde do día:
1-Lectura e aprobación (se corresponde ) do acta anterior.
2-Informe do Secretariado Permanente
3-Elección da Mesa da Asemblea.
4-Orzamento para o 2008 e revisión das cotizacións.
5-Campañas para 2008 (1º de maio)
6-elección de cargos vacantes do Secretariado Permanente.
7-Adopción de acordos para a Conferencia Sindical de Bilbao (28-29 de febreiro, 1-2 marzo). As Conferencias Sindicais da nosa organización son os comicios onde se marca o rumbo da acción sindical do conxunto da organización (dende os criterios para a negociación colectiva ata a nosa estructuración sectorial, pasando pola definición de campañas concretas a nivel estatal).
8-Varios.
En relación ao punto 7º da orde do día e dado que as ponencias a debatir son moitas e algunhas bastante densas, o Secretariado Permanente acordou organizar unha serie de debates previos a asamblea para que todos os/as afiliados/as que o desexen poidan ter a oportunidade de coñecer e debatir en profundidade os puntos que máis lle interese a cada un/ha co obxectivo de conformar unha opinión máis clara e facer máis dinámica a Asemblea de Afiliados.
Os debates previos á Asamblea celebraranse os seguintes días.
-Venres 25 de xaneiro ás 19:30. Tratarase o punto 1º da Conferencia: «Elecciones Sindicais»
-Luns 28 de xaneiro ás 19:30. Punto 2º da Conferencia: «Acción Sindical Sectorial».
-Mércores 30 de xaneiro ás 19:30. Punto 4º: «Actualización dos aspectos da Negociación Colectiva»