CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/asamblea-xeral-de-afiliados-da-federacion-local-de-cgt-en-vigo/
Export date: Thu Mar 28 8:50:07 2024 / +0000 GMT

Asamblea Xeral de Afiliados da Federación Local de CGT en Vigo


Por medio de la presente convócase Asemblea Xeral de Afiliados da Federación Local de Sindicatos de Vigo da Confederación Xeral do Traballo, o vindeiro mércores 13 de febreiro ás 19:30 co  seguinte orde do día:

1-Lectura e aprobación (se corresponde ) do acta anterior.
2-Informe do Secretariado Permanente
3-Elección da Mesa da Asemblea.
4-Orzamento para o 2008 e revisión das cotizacións.
5-Campañas para 2008 (1º de maio)
6-elección de cargos vacantes do Secretariado Permanente.
7-Adopción de acordos para a Conferencia Sindical de Bilbao (28-29 de febreiro, 1-2 marzo). As Conferencias Sindicais da nosa organización son os comicios onde se marca o rumbo da acción sindical do conxunto da organización (dende os criterios para a negociación colectiva ata a nosa estructuración sectorial, pasando pola definición de campañas concretas a nivel estatal).
8-Varios.

En relación ao punto 7º da orde do día e dado que as ponencias a debatir son moitas e algunhas bastante densas, o Secretariado Permanente acordou organizar unha serie de debates previos a asamblea para que todos os/as afiliados/as que o desexen poidan ter a oportunidade de coñecer e debatir en profundidade os puntos que máis lle interese a cada un/ha co obxectivo de conformar unha opinión máis clara e facer máis dinámica a Asemblea de Afiliados.

Os debates previos á Asamblea celebraranse os seguintes días.

-Venres 25 de xaneiro ás 19:30. Tratarase o punto 1º da Conferencia: "Elecciones Sindicais"
-Luns 28 de xaneiro ás 19:30. Punto 2º da Conferencia: "Acción Sindical Sectorial".
-Mércores 30 de xaneiro ás 19:30. Punto 4º: "Actualización dos aspectos da Negociación Colectiva"
Post date: 2008-02-06 14:31:27
Post date GMT: 2008-02-06 13:31:27

Post modified date: 2008-02-06 14:31:27
Post modified date GMT: 2008-02-06 13:31:27

Export date: Thu Mar 28 8:50:07 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com