«NEGOCIAR PARA NOS É UN EXERCICIO PRACTICO DO NOSO MODELO SINDICAL, NO CAL FACEMOS FUIR A INFORMACIÓN E DESENROLAMOS TODO A CAPACIDADE DA NOSA ACCIÓN SINDICAL A FIN DE CONQUERIR OS MELLORES RESULTADOS POSIBLES PARA OS TRABALLADORES»
Dende o xover día 31 de Xaneiro de 2008, os nosos representantes están a negociar as condicións de traballo que imos padecer nesta empresa nos próximos anos. Como é costume nesta empresa cada organización presente na negociación propón unha plataforma diferente. A Sección Sindical da Confederación General del Trabajo coida que vai sendo hora de que nun tema como este nos unamos todos e fagamos fronte o inimigo común, a empresa e o SITC. Tan só recuperando a unidade dos traballadores acadaremos mellores condicións de traballo e polo tanto de vida. Xa é tarde para presentar unha plataforma única, saída da participación de tódolos traballadores. Pero aínda estamos a tempo de esixir os nosos representantes unha negociación transparente e na que realmente contemos a totalidade da plantilla. A través da participación directa do colectivo obreiro é como acadaremos un convenio feito por e para todos.
Temos que rematar co escurantismo neste proceso negociador:
-Non ten xustificación cun acordo que afecta a mais de nove mil traballadores, sexa negociado as costas dos afectados.
-Non ten xustificación que un acordo que vai marcar o futuro laboral de mais de nove mil traballadres sexa asinado sen a súa aprobación.
-Non ten xustificación que aínda por riba este sexa modificado (acordos de empresa) sen a participación dos afectados, nin tan sequera o seu coñecemento.
Dende a CGT esiximos transparencia e participación na negociación e no acordo asinado: actas publicas das reunións mantidas durante a negociación do convenio, asambleas informativas conxuntas durante o desenrolo da negociación e unha asamblea aberta a tódolos traballadores antes de asinar calquera acordo; son algunhas das medidas encamiñadas a conquerir un convenio de todos.
POR UN CONVENIO TRANSPARENTE, PARTICIPATIVO E SOLIDARIO.
Sección Sindical en PSA, VIGO.