cartel-emilio-caoO día 22 de marzo de 2014, Emilio Cao Mota, un rapaz do Carballiño, acudiu á manifestación convocada polas Marchas da Dignidade en Madrid.

A pesar de que a manifestación foi pacífica, os antidisturbos interviron, golpearon, detiveron indiscriminadamente e provocaron unha situación de violencia que só se pode explicar desde a intención do goberno de criminalizar a protesta. Emilio foi detido, como outros miles de persoas que está sendo reprimidas polo Estado nestes últimos anos. No seu caso, a fiscalía pide a disparatada pena de cinco anos e oito meses de prisión por uns delitos que non cometeu.

Por Emilio, e por tantos máis sometidos a a represión e inxustiza, as Marchas da Dignidade de Galicia convoca a todos a acudir á manifestación que se celebrará no Carballiño o sábado, 3 de decembro, para reclamar que non se cometa semellante atrocidade. A CGT da Coruña apoia esta manifestación e convoca aos seus afiliados e simpatizantes para que participen.

PAN TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE!

TOD@S Á RÚA FRONTE Á REPRESIÓN!

EU TAMÉN SON EMILIO CAO! 

Comité Local da Coruña da CGT

Comparte esta entrada ...