CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/todos-somos-emilio-cao-ao-carballino-o-dia-03-de-decembro/ Export date: Thu May 1 7:51:30 2025 / +0000 GMT |
Todos somos Emilio Cao. Ao Carballiño o día 03 de decembro![]() A pesar de que a manifestación foi pacífica, os antidisturbos interviron, golpearon, detiveron indiscriminadamente e provocaron unha situación de violencia que só se pode explicar desde a intención do goberno de criminalizar a protesta. Emilio foi detido, como outros miles de persoas que está sendo reprimidas polo Estado nestes últimos anos. No seu caso, a fiscalía pide a disparatada pena de cinco anos e oito meses de prisión por uns delitos que non cometeu. Por Emilio, e por tantos máis sometidos a a represión e inxustiza, as Marchas da Dignidade de Galicia convoca a todos a acudir á manifestación que se celebrará no Carballiño o sábado, 3 de decembro, para reclamar que non se cometa semellante atrocidade. A CGT da Coruña apoia esta manifestación e convoca aos seus afiliados e simpatizantes para que participen. PAN TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE! TOD@S Á RÚA FRONTE Á REPRESIÓN! EU TAMÉN SON EMILIO CAO! Comité Local da Coruña da CGT |
Post date: 2016-11-22 19:07:05 Post date GMT: 2016-11-22 18:07:05 Post modified date: 2016-11-22 19:11:33 Post modified date GMT: 2016-11-22 18:11:33 |
Export date: Thu May 1 7:51:30 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |