CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/primeiro-de-maio-da-cgt-da-coruna/ Export date: Tue Apr 22 17:32:24 2025 / +0000 GMT |
Primeiro de Maio da CGT da Coruña![]() Para a CGT a situación que está a vivir a clase traballadora é insostible. O despido libre, a existencia de máis de catro millóns de parados e a ameaza dunha nova reforma laboral e do sistema de pensións esixen que os traballadores amosemos firmemente o noso rexeitamento á situación e a que, ás nosas costas, se siga negociando e xogando cos nosos intereses. Por isto, convocámoste a que participes na manifestación que sairá ás 12 do mediodía da Praza de Pontevedra da Coruña e que rematará na Praza do Humor. ESTE ANO NON PODEMOS FALTAR NINGÚN BASTA XA DE DESPIDOS SALVAXES E SINDICATOS DOMESTICADOS Xantar de confraternidade Como outro anos, estamos organizando un xantar de confraternidade despois da manifestación. Os que estean interesados deberán anotarse antes do día 27 deste mes de abril. Calcúlase que o prezo estará sobre 12 euros. A anotación será no propio local sindical, por teléfono ou a través do correo electrónico. |
Post date: 2010-04-18 17:38:46 Post date GMT: 2010-04-18 16:38:46 Post modified date: 2010-04-18 18:16:20 Post modified date GMT: 2010-04-18 17:16:20 |
Export date: Tue Apr 22 17:32:24 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |