A empresa de telemarketing Atento continúa a súa guerra sucia contra os dereitos e a dignidade dos traballadores e traballadoras. O último, as sancións (inxustificadas e inxustas) de suspensión de emprego e soldo de 60 días a tres compañeiros e compañeiras: Juan, Rubén, e Montse (que ademais ocupa a responsabilidade da secretaría da CGT en Atento a nivel estatal), ademais de outra sanción de 4 días a Sabela. Por isto, a CGT de A Coruña ven de convocar un Paro de 24 horas, para o día 23 de xuño e unha Concentración ás 12 horas, diante da tenda de Movistar na Praza de Pontevedra, 4.
En solidariedade coas compañeiras e compañeiros de A Coruña, a CGT de Pontevedra convoca para ese mesmo día, 23 de xuño, e hora, 12:00h, unha Concentración diante da tenda de Movistar na rúa Rosalía de Castro nº 6 (perto do edificio da Audiencia).
CGT Pontevedra – Comité Local
A empresa de telemarketing Atento continúa a súa guerra sucia contra os dereitos e a dignidade dos traballadores e traballadoras. Queren que queden sentados e calados nos seus postos de traballo e non se rebelen ante as súas cada vez meirandes atropelos. O último, as salvaxes sancións (inxustificadas e inxustas) de suspensión de emprego e soldo de 60 días a tres compañeiros e compañeiras do servizo CAT ADSL: Juan, Rubén, e Montse (que ademais ocupa a responsabilidade da secretaría da CGT en Atento a nivel estatal), ademais de outra sanción de 4 días a Sabela. Se non abondaba con non ter tempo nin para beber, coas presións para vender ou para non rexistrar avarias, cos seguimentos, as gravacións e escoitas abusivas, coas constantes ameazas e faltas de respecto, Atento da un paso mais e agora, só por atacar a quen planta cara, deixa sen cobrar durante dous meses a tres compañeiros, porque din que no mes de maio fáltalles tempo de conexión no terminal telefónico AVAYA.

A CGT chama a participar activamente o vindeiro domingo 19 de xuño nunha nova edición da Marea Branca en defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade , convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública.
Os traballadores e traballadoras de Atento continúan os paros dunha hora por quenda un día á semana, en protesta polas condicións de explotación ás que a empresa someteos na atención a clientes de Movistar: presión excesiva na consecución de ventas, ainda que os clientes chamen para por reclamacións ou facer consultas; ordes de non tomar nota de averías nos servizos de atención técnica, de tal xeito que os fallos non poden ser resoltos; limitación de atención de chamadas a un tempo determinado, coa conseguinte insatisfacción dos clientes… todo isto súmase ás xa habituais condicións polas que levan anos movilizándose: acoso no traballo, sancións, cambios constantes de horarios e de departamentos, exhaustivo control do traballo, grabacións constantes das chamadas atendidas… O vindeiro luns, 6 de xuño, terán lugar concentracións durante os paros, diante do centro de traballo na rúa de Juan Flórez, ás 12 e ás 19 horas.
Como todos os anos, a CGT celebrará unha ofrenda floral no monolito que as sociedades obreiras, por suscrición popular, erixiron o ano 1906 no cemiterio de San Amaro en memoria das vítimas da folga xeral que tivo lugar na Coruña os días 30 e 31 de maio de 1901. O acto terá lugar o próximo domingo, día 5 de xuño, ás 12:30 horas.