represinA empresa de telemarketing Atento continúa a súa guerra sucia contra os dereitos e a dignidade dos traballadores e traballadoras. Queren que queden sentados e calados nos seus postos de traballo e non se rebelen ante as súas cada vez meirandes atropelos. O último, as salvaxes sancións (inxustificadas e inxustas) de suspensión de emprego e soldo de 60 días a tres compañeiros e compañeiras do servizo CAT ADSL: Juan, Rubén, e Montse (que ademais ocupa a responsabilidade da secretaría da CGT en Atento a nivel estatal), ademais de outra sanción de 4 días a Sabela. Se non abondaba con non ter tempo nin para beber, coas presións para vender ou para non rexistrar avarias, cos seguimentos, as gravacións e escoitas abusivas, coas constantes ameazas e faltas de respecto, Atento da un paso mais e agora, só por atacar a quen planta cara, deixa sen cobrar durante dous meses a tres compañeiros, porque din que no mes de maio fáltalles tempo de conexión no terminal telefónico AVAYA.

A empresa non vai a acadar o seu obxectivo de asustarnos e agora mais que nunca, temos que facerlles fronte. Por isto, a CGT ven de convocar un Paro de 24 horas, para o día 23 de xuño, no que tamén terá lugar unha Concentración ás 12 horas, diante da tenda de Movistar na Praza de Pontevedra, 4.

Sección Sindical CGT Atento A Coruña

Comparte esta entrada ...