A CGT chama a participar activamente o vindeiro domingo 19 de xuño nunha nova edición da Marea Branca en defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade , convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública.
As mobilizacións terán lugar simultaneamente nas cidades da Coruña, Pontevedra e Lugo, ás 13:00 horas, nos seguintes puntos: Na Coruña, no Obelisco; en Pontevedra, na Praza da Peregrina, e na Praza Maior, na cidade de Lugo.