Ante a intransixente e agresiva actitude da patronal da empresa Atento, que decidiu manter as sancións de ata 60 días de suspensión de emprego e soldo a vari@s compañeir@s do centro de traballo na Coruña, a CGT decidiu que non cabe outra posibilidade que a continuidade da loita.
Por iso, a CGT convoca a toda a afiliación e simpatizantes, así como á cidadanía en xeral a apoiar a concentración quee terá lugar o próximo xoves, día 11, ás 12:00 horas diante do centro de traballo (Juan Flórez, 89). Read More