A CGT volve facer un chamamento a todos os traballadores e traballadoras de Atento Coruña para que acudan á concentración que terá lugar na rúa Juan Flórez (fronte ao centro de traballo), este xoves, día 21, ás 20:00 horas, para esixir a retirada das brutais sancións que a empresa impuxo a catro afiliados e afiliadas (as máis graves a suspensión de emprego e soldo de 60 días a tres deles) e o cesamento da represión que están a padecer.
Ademais, o vindeiro martes 26 de xullo, e polos mesmos motivos, realizarase unha concentración diante da sede central da empresa na rúa Santiago de Compostela 94 (Madrid) que terá lugar entre as 14:00 horas e as 15:30.
Sección Sindical da CGT en Atento-A Coruña