O pasado xoves, día 28, tivo lugar o acto de conciliación no SMAC polas sancións que a empresa Atento impuxo a catro compañeir@s, tres delas de 60 días de suspensión de emprego e soldo.
A empresa, antes do acto tivo a desfachatez de «ofrecer» unha rebaixa de 17 días nas sancións (quedaban en 43 días), mantendo a súa cualifiación como «falta moi grave». A resposta d@s traballador@s non poido ser outra que a negativa, polo que o acto se celebrou como ven sendo normal no SMAC: con desacordo.
@s traballador@s de Atento non van quedar quedos ante esta nova provocación empresarial e continuarán mobilizándose proximamente. Tamén queren agradecer o apoio recibido durante estas semanas en toda a xeografía do Estado.
Comité Local da CGT da Coruña