post

16 Xuño: CGT Pontevedra na Defensa da Sanidade Pública

A CGT de Pontevedra participará, como nas ocasións anteriores, este terceiro sábado de mes na concentración convocada por Marea Branca e a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública de Pontevedra, en defensa da Sanidade Pública. A CGT chama ós seus afiliados, simpatizantes e ó conxunto da sociedade pontevedresa a participar activamente este 16 de xuño nesta nova edición da Marea Branca, na Praza da Peregrina, ás 12,30h, en defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade.

 

Comité Local CGT-Pontevedra

 

post

CGT Pontevedra: 16 xuño polo peche de ENCE-Elnosa

Un ano máis a CGT de Pontevedra renova o seu compromiso na defensa do medio ambiente, do traballo e a saúde e pola recuperación da Ría para o benestar dos veciños e veciñas de toda a comarca, participando na Marcha anual 2018 polo Peche do complexo ENCE-Elnosa na marisma de Lourizán. A manifestación sairá este sábado, 16 de xuño, ás 19,30h das Alamedas de Pontevedra e Marín, para confluir ámbalas dúas columnas diante das portas de Celulosa, na beiramar. No curso da manifestación a CGT de Pontevedra repartirá o texto "O traballo crea riqueza. O capitalismo salvaxe a destrúe. En defensa do traballo e o disfrute social da riqueza: ENCE FORA DA RÍA", coa posición de CGT -Pontevedra sobre este asunto.

Comité Local CGT-Pontevedra

 

post

CGT Pontevedra: Homenaxe ao doctor Luis Montes

Organizado pola CGT – Pontevedra tivo lugar este martes, 5 xuño, ás 20,00h, na Sala VerSus de Pontevedra o "Homenaxe ao doctor Luis Montes", médico, recentemente falecido, admirado defensor da sanidade pública, loitador contra as privatizacións e recortes e dende 2009 ata a súa morte Presidente federal da asociación "Derecho a Morir Dignamente". Luis Montes (Villarino de los Aires, 1949 – Madrid, 2018) foi acosado e perseguido inxustamente polas autoridades políticas e político-sanitarias da Comunidade de Madrid. O acto foi seguido por un numeroso público que desbordou a capacidade da propia Sala polo que tiveron que abrirse as portas para que todos os asistentes poidesen seguir de pé as intervencións dos ponentes: Ascensión Cambrón, Presidenta de "Derecho a Morir Dignamente" (DMD) – Galicia, Victor Pedreira, Psiquiatra, ex-xefe do Servizo de Psiquiatría en Pontevedra e Rodrigo Vázquez, representante da CGT e socio de DMD

 

Comité Local CGT Pontevedra

 

post

Contra o desaloxo da Insumisa

Ante o violento desaloxo do Centro Social Okupado Autoxestionado "A Insumisa", a CGT da Coruña quere manifestar o seguinte:

  1. a) Declaramos que a chamada "Comandancia de Obras" é un espazo público abandonado durante anos e que foi recuperado polo CSOA "A Insumisa" para o desenvolvemento de actividades para o pobo, sen aproveitamento persoal e sen ánimo de lucro. Non é esta actuación unha usurpación, senón unha okupación lexítima ante a desidia das chamadas institucións.
  2. b) Rexeitamos absolutamente os métodos violentos utilizados pola policía no desaloxo, que provocaron numeros@s ferid@s entre @s presentes nas concentracións de apoio e no propio desaloxo. Neste sentido, amosamos o nosa solidariedade co@s afectad@s.
  3. c) Denunciamos a incapacidade do goberno municipal para atopar solucións pactadas alternativas á xestión institucional e o desaproveitamento dunha oportunidade única para que a xestión do que é de tod@s fose compartida por tod@s e non monopolizada polo poder político.

A Coruña, 29 de maio de 2018

O Comité Local da CGT da Coruña

 

post

26 M Pontevedra – Defensa das Pensións e da Sanidade Pública

De novo éste sábado 26 de maio de 2018 a CGT de Pontevedra apoia e participa activamente das convocatorias anunciadas respectivamente por MODEPEN en  Defensa do Sistema Público das Pensións e pola MAREA BRANCA DE PONTEVEDRA en Defensa da Sanidade Pública. Por acordo das organizacións implicadas neste chamamento (entre elas a CGT de Pontevedra) ámbalas dúas concentracións terán lugar físicamente de modo unitario, este sábado 26 de maio, na Praza de Ourense, entre ás 11,30 e 12,30h respectivamente ata ás 13:00h. A continuación o texto que a CGT repartirá na concentración: Read More

 

post

Concentración solidaria co pobo palestino na Coruña

A CGT da Coruña acordou participar na concentración de solidariedade co pobo palestino que terá lugar o venres, 18 de maio, no Obelisco da Coruña, a partir das 20:00 horas.

Para a CGT, as actuacións criminais do Estado de Israel nos últimos días son un paso máis, gravísimo, no proceso de exterminación do pobo palestino e de usurpación dos seus territorios ancestrais. Non menos grave é a complicidade dos países occidentais, que teñen a desvergoña de chamar á contención a «ambas partes», cando só hai unha parte xenocida e merecente de repulsa, que é o Estado sionista de Israel. Neste sentido, esiximos unha resposta contundente do goberno español, só pena de consideralo cómplice activo da masacre.

A CGT da Coruña fai un chamamento á súa afiliación, simpatizantes e cidadanía en xeral a que amosen a súa oposición a esta nova matanza do pobo palestino, do que amosámonos solidarios na opresión que padecen.

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Pontevedra 16M: II Marcha polo peche de camas hospitalarias

A CGT de Pontevedra, en Defensa da Sanidade Pública, apoia e participa na "II Marcha contra o peche de camas", convocada por PROSAGAP,  para o mércores, 16 de maio, ás 20:30h (Saída dende a Prza de España, diante do Concello, e remate no Hospital Provincial) en reivindicación de "calidade asistencial para os pacientes", "Non a privatización da sanidade pública para beneficio da privada", "Evitar longas esperas en urxencias", "Contratación 100%".

Volvemos a rúa en defensa dun hospital público e aberto ao 100% para a cidade de Pontevedra. Tanto usuarios como traballadores vémonos afectados polo peche parcial ou total dos nosos servizos. ¡Acude e participa!

Comité Local CGT-Pontevedra

 

post

CGT Pontevedra, 15M: Parar la matanza de palestinos por Israel

La CGT de Pontevedra ha convocado para este martes, 15 de mayo, una concentración -abierta y en régimen de auto-convocatoria para todos aquellas organizaciones, entidades y personas que quieran sumarse- en la Plaza de la Peregrina, a las 20,30h, en solidaridad con el pueblo palestino, sangrientamente agredido por el estado de Israel. Ayer mismo, el gobierno nacional-sionista de Israel ha perpetrado una nueva masacre sobre el pueblo, asesinando a sangre fría a decenas de personas palestinas, con la simple ‘excusa’ de que se resisten al expolio, al saqueo y al exterminio de su pueblo, ejecutado impunemente por Israel, gracias al silencio, cómplice o cobarde, de la llamada ‘comunidad internacional’. A continúación el escrito que la CGT de Pontevedra, repartirá entre los asistentes a la concentración. Read More

 

CGT Pontevedra 5M: Concentración Defensa Sistema Público Pensións

A CGT de Pontevedra acordou apoiar a concentración que Modepen (Movemento en Defensa das Pensións Públicas) fará este sábado, 5 de maio, ás 12:00 horas na Praza de España, ante o Concello.

Para a CGT, o sostemento con dignidade das persoas que contribuiron ao benestar xeral é imperativo, polo que é imprescindible un sistema público de pensións públicas, solidario, e que garanta unhas pensións cuns importes permitan levar unha vida digna.

Xuntémonos para defender un Sistema público de pensións que garante ós xóvenes traballadores de hoxe, o acceso á pensións dignas cando mermen as forzas e cheguen á xusta idade da súa xubilación

Por iso, polas pensións de hoxe e de mañá, acude á movilización que se convoca.

Comité Local da CGT de Pontevedra

 

post

Concentración en defensa das pensións públicas, o día 5 no Obelisco

A CGT da Coruña acordou apoiar a concentración que Modepen (Movemento en Defensa das Pensións Públicas) fará o próximo sábado, 5 de maio, ás 12:00 horas no Obelisco da Coruña.

Para a CGT, o sostemento con dignidade das persoas que contribuiron ao benestar xeral é imperativo, polo que é imprescindible un sistema público de pensións públicas, solidario, e que garanta unhas pensións cuns importes permitan levar unha vida digna.

Por iso, polas pensións de hoxe e de mañá, acude á movilización que se convoca.

Comité Local da CGT da Coruña