post

 

De novo éste sábado 26 de maio de 2018 a CGT de Pontevedra apoia e participa activamente das convocatorias anunciadas respectivamente por MODEPEN en  Defensa do Sistema Público das Pensións e pola MAREA BRANCA DE PONTEVEDRA en Defensa da Sanidade Pública. Por acordo das organizacións implicadas neste chamamento (entre elas a CGT de Pontevedra) ámbalas dúas concentracións terán lugar físicamente de modo unitario, este sábado 26 de maio, na Praza de Ourense, entre ás 11,30 e 12,30h respectivamente ata ás 13:00h. A continuación o texto que a CGT repartirá na concentración:

Á clase traballadora de Pontevedra ….

a todas as víctimas da irracionalidade do capitalismo salvaxe …

en Defensa do Sistema Público das Pensións, actuáis e futuras, e da Sanidade Pública:

 

De novo éste sábado 26 de maio de 2018 a CGT de Pontevedra apoia e participa activamente das convocatorias anunciadas respectivamente por MODEPEN en  Defensa do Sistema Público das Pensións e pola MAREA BRANCA DE PONTEVEDRA en Defensa da Sanidade Pública.

 

Por acordo das organizacións implicadas neste chamamento (entre elas a CGT de Pontevedra) ámbalas dúas concentracións terán lugar físicamente de modo unitario, este sábado 26 de maio, na Praza de Ourense, entre ás 11,30 e 12,30h ata ás 13:00h

 

 

EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

Ni pensións de vergoña, nin retrasos na idade de xubilación

 

 

– Porque estamos de novo diante dunha brutal ameaza económica e social contra as nosas pensións actuáis e futuras, contra os nosos dereitos e dignidade …

– Porque, unha vez máis, estamos diante do anuncio dun fraude xigantesco que intenta reducir á nada décadas de loitas e conquistas sociais, en favor de Sistemas Privados de Pensións que nada bo garantizan aos pensionistas …

– Porque estamos frente ao saqueo dos fondos da Seguridade Social e a agresión sistemática do poder adquisitivo e dignidade dos pensionistas …

 

 

EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

Nin recortes, nin privatizacións

 

 

Porque a agresión que sofre a Sanidade Pública a mans dos poderes que rixen o Estado e as súas administracións é cada día que pasa máis noxenta. Recortes, situación precaria dos traballadores e traballadoras interinas, peche de camas, incrementos nas listas de espera, colapsos nas urxencias, aposta do goberno por un modelo sanitario privado que beneficia ás multinacionais … sobran os motivos para a mobilización da cidadanía na defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade.

 

Por estas razóns, a CGT de Pontevedra co-participa, se suma e apoia a actual convocatoria de MODEPEN e Marea Branca:

 

¡Participa e loita pola Defensa do Sistema Público de Pensións!

¡Participa e loita pola Defensa da Sanidade Pública!

¡O sistema da Seguridade Social somos todos e, entre todos e todas, o defendemos!

 

 

¡TODAS as loitas -sanidade, pensións, condicións de traballo e salariais, mordazas, paro, precariedade, discriminación…-, ¡TODAS son unha e a mesma loita!: A loita pola dignidade humana frente á explotación e a desigualdade!

 

 

Comité Local da CGT de Pontevedra

 

Comparte esta entrada ...