O documental «Patagonia, utopía libertaria», na Coruña

Dentro das Xornadas pola Recuperación da Memoria Histórica Libertaria que está a organizar a Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña na sé da Fundación Rodríguez Iglesias (Barrié da Maza, 20 – Paseo Marítimo), mañá mércores 11 de abril, ás 19:30 horas, terá lugar a presentación do filme documental "Patagonia, utopía libertaria" coa presencia do director do mesmo, Xan Leira. Read More

 

 

Actuación do Coro Libertario na Coruña

Dentro dos actos que a CGT ten programados nas "Xornadas pola Recuperación da Memoria Libertaria", mañá xoves, día 5, as 19,30 horas, no auditorio da Fundación Rodríguez Iglesias, terá lugar a actuación do Coro Libertario do Ateneo Libertario de Vigo.

 A súa actuación consistirá na interpretación de diversas cancións de tradición anarquista e obreira de diferentes países.

 

Presentación en Vigo da campaña de obxección fiscal ós gastos militares na Declaración da Renda

O vindeiro sábado 31 de Marzo ás 18:30 h., diante do Mercado do Calvario, o "Espazo Aberto Antimilitar" fará a presentación da campaña de obxección fiscal ós gastos militares na declaración da renta.

Habrá proxeccións antimilitaristas, a actuación do Coro libertario e de "woima". Ademais, un posto informativo estará a disposición de quen desexa saber mais sobre o tema.

Secretaría Acción Social CGT Vigo.

 

 

Convocada folga en tódolos centros de traballo de Atento España

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) ten convocado para o vindeiro luns, 2 de Abril, unha xornada de paros de dúas horas en tódolos turnos de traballo de tódolos centros e plataformas da empresa Atento de todo o estado español, en protesta polos despidos de centos de traballores nos centros de traballo da Coruña, Valencia, Getafe, …No centro de traballo de Atento en A Coruña, o resto de organizacións sindicais (UGT, CCOO, e CIG) presentes no Comité de Empresa, tamén decidiu apoiar a convocatoria de CGT, organización maioritaria, polo que se tratará tamén, a nivel local, dunha convocatoria do Comité, en resposta ós 179 despidos de traballadores e traballadoras deste centro coruñés.

Os paros terán lugar cos seguintes horarios: de 0 a 2 horas, de 11 a 13 horas e de 17 a 19 horas, do vindeiro luns 2 de abril. Asimesmo, se celebrarán concentracións ás 11 e ás 17 horas.

 

Continúan as movilizacións contra os despidos en ATENTO Coruña

A movilizaciós dos traballadores e traballadoras de ATENTO Coruña continúan trala gran manifestación do pasado venres, 23 de marzo. O Comité de Empresa convocou de novo concentracións para este venres, 30 de marzo, ás 12 horas e ás 20 horas, diante da sé da empresa na rúa de Juan Flórez.

Como sempre, a solidaridade é a nosa mellor arma, ACUDE

 

Novas movilizacións en Atento. Concentracións, luns 19 e martes 20; e Manifestación o venres, 23

Hoxe se producirá de novo unha CONCENTRACIÓN de traballadores e traballadoras contra dos despidos de 179 compañeiros e compañeiras en ATENTO A Coruña, diante da sé da empresa na rúa Juan Florez 80-82.

Mañá, martes 20, día en que se fan efectivos os 179 despidos, se repetirán as concentracións ás 12 e ás 20 horas.

O venres 23, coincidindo coa Manifestación está convocado un paro parcial no centro de traballo da Coruña, entre as 20 e as 22 horas.

ASISTIDE.