Dentro das Xornadas pola Recuperación da Memoria Histórica Libertaria que está a organizar a Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña na sé da Fundación Rodríguez Iglesias (Barrié da Maza, 20 – Paseo Marítimo), mañá mércores 11 de abril, ás 19:30 horas, terá lugar a presentación do filme documental "Patagonia, utopía libertaria" coa presencia do director do mesmo, Xan Leira.

O documental pretende, a través da narración da vida do ferrolano Antonio Soto Canalejo "Gallego Soto", descubrir unha das loitas obreiras mais importantes do século XX producidas na Patagonia austral arxentina durante os anos 1921 e 1922. Un conflicto obreiro, conducido principalmente por anarquistas galegos, alemáns, polacos, chilenos, … que rematou coa salvaxe represión militar que deixou máis de 1500 obreiros asasinados.

Testemuñas de historiadores, intelectuais, familiares, coetáneos, … se mesturan con imaxes da época e imaxes da película arxentina de Hector Olivera "La Patagonia Rebelde" que recolle tamén estos feitos.

CGT da Coruña

Comparte esta entrada ...