Co punto único na Orde do Día de tomar acordos sobre a Folga Xeral convocada pola CGT para o próximo 29 de setembro, a CGT da Coruña celebrará unha Asemblea Xeral o próximo mércores, día 8, ás 19:30 horas, nos locais do sindicato.
Asemblea Xeral Extraordinaria do SLMV:
Por medio da presente convócase Asemblea Xeral Extraordinaria do Sindicato de Limpeza e Mantemento de Vigo o vindeiro xoves día 2 de Setembro ás 18:30 horas no local do Sindicato ca seguinte orde do día:
Asemblea Xeral Extraordinaria S.O.V. Vigo:
Por medio da presente convócase Asemblea Xeral Extraordinaria do Sindicato de Oficios Varios de Vigo o vindeiro mércores día 1 de Setembro ás 19:30 horas no local do Sindicato ca seguinte orde do día:
Concentración da C.G.T. de Vigo en Frutas Nieves:
A Reforma Laboral: charla formativa na Coruña
O venres día 9 de xullo, ás 19:30 horas, nos locais da CGT da Coruña, terá lugar unha charla formativa para afiliados sobre a Reforma para o Despedimento, recentemente aprobada polo goberno.
O tempo previsto de duración é de unha hora.
Manifestación contra a Reforma Laboral
A Federación Local de Vigo da CGT fai un chamamento a todos/as os/as afiliados/as e simpatizantes para que participemos todos/as xuntos/as nesta manifestación contra a nova Reforma Laboral , contra este cúmulo de agresións do capital e pola folga xeral.
Será este martes 29 de xuño  ás 20:00 dende A Doblada ( cruce de Urzáiz con Gregorio Espino)
Acto de rúa/concentración contra o gasto militar en Vigo
A F.L. de Sindicatos de Vigo fai un chamamento a todos/as os/as afiliados/as e simpatizantes a participar no acto de rúa programado polo Espazo Aberto Antimilitar de Vigo o vindeiro sábado 19 de xuño ás 18:00 h na praza da farola de Príncipe.
Coa que está caendo (crise económica e os conseguintes recortes sociais), o Goberno vai empregar (como mínimo) a cantidade de 18.160,89 millóns de euros en gasto militar.
Concentración contra a reforma laboral
A FL de Vigo fai un chamamento a todos/as os/as afiliados/as e simpatizantes para que acudan a esta concentración diante da Delegación de Traballo en Vigo, o mércores 16 de xuño ás 11:00h.
A nova reforma laboral, que previsiblemente será aprobada este mércores no consello de ministros tras "esgotar a vía do diálogo cos axentes sociais" para a súa imposición posterior mediante decreto, suporá (de impoñerse) un novo retroceso nos dereitos dos/as traballadores/as en aspectos como o abaratamento do despido e flexibilización das condicións de traballo, cun aumento da precariedade para toda a clase traballadora. Read More
Na Coruña, Folga e Concentración en Correos
O vindeiro mércores, 10 de xuño, ás 12 da mañá, diante da oficina principal da Coruña, está convocada unha concentración de traballadores e traballadoras de Correos en contra do apagón postal e pola viabilidade de Correos, no marco da xornada de Folga convocada por CGT xunto con outras organizacións sindicais.
Novos despidos en Sykes
62 traballadores na Coruña e 14 en Lugo serán despedidos o luns, día 14, da empresa de telemárquetin Sykes. Estes despidos prodúcense tras a estimación parcial dun ERE presentado con snterioridade e que supuxo o despedimento de 68 traballadores.
O motivo desta nova reducción do cadro de persoal é a aplicación do artigo 17 do vixente convenio, que permite a destrución de postos a causa da diminución do volumen de chamadas. Este é un claro fraude de lei, contra o que os traballadores loitarán. Read More

