62 traballadores na Coruña e 14 en Lugo serán despedidos o luns, día 14, da empresa de telemárquetin Sykes. Estes despidos prodúcense tras a estimación parcial dun ERE presentado con snterioridade e que supuxo o despedimento de 68 traballadores.

O motivo desta nova reducción do cadro de persoal é a aplicación do artigo 17 do vixente convenio, que permite a destrución de postos a causa da diminución do volumen de chamadas. Este é un claro fraude de lei, contra o que os traballadores loitarán.

O Comité de empresa da Coruña convoca paros no centro de traballo e concentracións diante da empresa o próximo luns, entre as 12 e as 13 horas e entre as 17 e as 18 horas.

Comparte esta entrada ...