A CGT convoca un paro de 24 horas nos centros de Extel e Atento en Coruña

O venres 5 de xuño os traballadores de Extel – en toda España- e de Atento en Coruña están chamados a un paro de 24 horas.

Coincidindo coa xornada de folga, a CGT xunto coa CIG convocou unha manifestación que partirá ás 12 horas dende Extel, -empresa situada en Matogrande- e percorrerá as rúas da cidade para rematar en Atento – na rúa Juan Flórez-.

Esta folga é a continuación dos paros parciais que dende hai máis dun ano están a levar a cabo os traballadores e traballadoras de ambas as dúas contratas que prestan servizo para Movistar para esixir o cesamento das deplorables condicións laborais que padecen: presión excesiva, acoso, sancións, despedimentos constantes, cambios de horarios e de departamentos, exhaustivo control do traballo, seguimentos e gravacións indiscriminadas; ás que se suman a precariedade xeneralizada no sector do telemarketing, con salarios moi baixos, unha inestabilidade laboral constante e onde a maioría dos contratos son impostos a tempo parcial, con xornadas laborais de moi poucas horas que non permiten chegar a fin de mes.

Con esta xornada de loita os traballadores e traballadoras pretenden rematar coa explotación laboral imperante e dar a coñecer que, mentres as empresas para as que traballan (Movistar, Atento e Extel) seguen engordando os seus beneficios, a súa situación laboral cada vez se agrava máis.

11009144_1815500755340981_5416157357102240211_n

 

Acto no monolito dedicado ás vítimas da represión na Folga Xeral da Coruña de 1901

 

Ofrenda floral aos mortos na folga de 1901

O vindeiro domingo, día 31de maio, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras asasinados, vítimas da represión, durante a folga xeral (a coñecida como folga dos "consumeros") que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A homenaxe terá lugar no monolito que foi levantado polas sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906.
Ao seu término, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de tódolos represaliados polo franquismo.
Mais información sobre os sucesos de 1901: A folga de 1901, no blog Memoria Libertaria na Galiza

 

A CGT convoca paros en Atento e Extel

O próximo martes 5 de maio, os traballadores de Atento a nivel estatal e de Extel en Coruña e Zaragoza, están chamados a un paro dunha hora por quenda (de 00:00 a 1:00, de 12:00 a 13:00 e de 19:00 a 20:00 horas), para esixir que se poña fin ás deplorables condicións laborais ás que están sometidos: sancións, cambios correspondentes a capricho da empresa (sen tan sequera respectar os dereitos de conciliación das persoas con redución de xornada por motivos familiares), exhaustivo control do traballo con constantes auditorías e gravacións indiscriminadas, xornadas moi pequenas, uns salarios moi baixos, todo iso unido a unha constante inestabilidade laboral, só no último mes producíronse 17 despedimentos no centro de Atento na Coruña. Read More

 

Mobilizacións contra os despedimentos no Hospital POVISA de Vigo.

Os compañeiros e compañeiras da CGT no Hospital POVISA de Vigo continúan as mobilizacións contra os despedimentos. Estas mobilizacións foron acordadas pola maioría do comité de empresa e polas seccións sindicais de CGT, CIG, SGPS, CCOO e UGT.povisa2

Dende o pasado luns 2 de marzo, se están a realizar concentracións fronte á entrada de Urxencias. O vindeiro venres, 6 de marzo está prevista unha concentración fronte ao edificio da Xunta de Galicia e a partir das 20 horas unha manifestación unitaria das organizacións sindicais CGT, CIG, SGPS, CCOO y UGT en contra dos despedimentos. O percorrido da manifestación será dende a Praza dos Cabalos ata a Porta do Sol.

Mais info: Blog da Sección Sindical da CGT no Hospital Povisa de Vigo (http://cgthospitalpovisa.blogspot.com.es/ )

 

Manifestacións nas principais cidades galegas en apoio ás Marchas da Dignidade

A Plataforma Galega polas Marchas da Dignidade, na que se integra a CGT de Galicia, ten convocado para o vindeiro 25 de febreiro, mércores, manifestacións nas principais cidades galegas para chamar á toda a poboación a apoiar e participar nas Marchas que o 21 de marzo confluirán na cidade de Madrid para reclamar pan, traballo e teito.

  • cartel-21mEn Ferrol, a manifestación partirá do Monumento ao 10 de Marzo, ás 18:30 horas.
  • Na Coruña, saída da manifestación dende a Praza de Portugal, ás 20 horas.
  • En Lugo, a manifestación sairá ás 20 horas dende a explanada do Edificio Multiusos da Xunta.
  • En Compostela, tamén ás 20 horas, sairá a manifestación dende a Porta do Camiño.
  • En Ourense, o punto de partida será o Parque de San Lázaro, ás 20 horas.
  • En Pontevedra, dende A Pasarela (rúa 12 de novembro) sairá a manifestación ás 20 horas.
  • En Vigo, ás 20 horas dará comezo a manifestación dende a praza de Fernando o Católico.

Read More

 

Paros en Atento na Coruña contra os ataques da empresa

paros19F2015_AtentoDende que rematou o conflito do ERE no mes de novembro están a ser continuas as agresións aos traballadores e traballadoras de Atento na Coruña.

Primeiro foi a degradación das funcións que realizaban algúns dos traballadores e traballadoras reincorporadas, para continuar «inventándose motivos» por cambiar as quendas de traballo sen respectar o dereito á conciliación familiar. Ademais, seguen en aumento as presións, persecucións, abusos e acosos en todos os departamentos: monitorizacións constantes para impor sancións que nalgún caso chegou á suspensión de emprego e soldo de ata 10 días.

De todo isto son responsables tanto Atento como Movistar, que tan só pretenden aumentar beneficios a costa dos dereitos e mesmo a saude dos traballadores e traballadoras, provocando a enfermidade con pésimas condicións de traballo e logo co despedimento coa excusa do absentismo, como ten acontecido a pasada semana con tres compañeiros.

Por todo isto, o vindeiro xoves 19 de febreiro están convocados paros en todos os servizos, en horarios de 12 a 13 e de 19 a 20 horas, xunto con dúas concentracións de protesta diante do centro de traballo na rúa Juan Florez, nese mesmo horario.

Mais información no Blog da Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña.

 

L@s trabajador@s de Extel Coruña y Zaragoza vuelven a parar

IMG-20141125-WA0000Las plataformas de Telemarketing de Extel_Adecco de Coruña y Zaragoza vuelven a realizar un paro de una hora en cada turno el 2 de diciembre, martes, de 12:00 a 13:00 y de 18:00 a 19:00.

Est@s trabajador@s que atienden llamadas para Movistar sufren presiones constantes, con grabaciones, y soportan tratos indignos en muchas ocasiones.

Nadie pensaría que en una oficina se trabajaría de forma insalubre pero el ahorro de costes (política de Adecco) hace que suframos temperaturas extremas en sillas sucias, incomodas que acaba afectando nuestra salud.

Como también nos afecta las presiones para la venta, los «seguimientos» (palabra de por si agresiva y policíaca), las amenazas de sanciones, todo ello nos lleva a tener un porcentaje altísimo de trabajador@s en tratamiento y/o baja por ansiedad.

A esto añadimos la caza sindical que la empresa ha iniciado en Coruña, sancionando a una delegada de CGT en un claro ataque sindical a las secciones que le resultan molestas.

Por ello hemos decidido parar en Zaragoza y Coruña.

¡Se ha acabado el aguantar llega la hora de actuar!

Secciones Sindicales de CGT en A Coruña y Zaragoza

 

Asemblea Xeral para a Conferencia de Xerez

A CGT da Coruña convoca a toda a afiliación á Asemblea Xeral que se celebrará o martes, día 11, ás 19:30 horas, para debater a Orde do Día da Conferencia de Sindicatos que terá lugar en Xerez entre o 21 e o 23 de outubro. Para preparar a Asemblea faráse unha reunión de debate o día 5, mércores, sen desbotar, se fora necesario, o día 7, venres.

 

Concentración contra a represión sindical e social

A CGT da Coruña convoca para o próximo martes, día 30 de setembro, ás 13:00 horas, unha concentración diante da Delegación do Goberno da Coruña (Praza de Ourense) unha concentración de protesta encontra da política de represión que o goberno está a levar a cabo con aqueles que protestan, criminalizando a disidencia e intentando amedrentar á poboación.

Nos últimos dous anos, se ven producindo a persecución de persoas que se mobilizan en contra deste sistema inxusto e desapiadado, por facer piquetes, por opoñerse a desafiuzamentos, por resistirse á arbitrariedade policial, por manifestarse contra as chamadas autoridades, etc. así, agora mesmo hai varios centos de persoas procesadas. No caso concreto da CGT, hai 52 persoas reprimidos en varios graos (peticións de prisión de ata 7 anos para algúns, de 2 e 3 anos para outros e multas de diversas contías para o resto). Para este sindicato, esta situación non se pode consentir e hai que denunciar a situación e opoñerse a ela, mostrando a solidariedade cos afectados e reclamando o desestimento da fiscalía deste sumarios e a paralisación destas políticas.

Comité Local da CGT da Coruña