Manifestación na Coruña o día 8

O próximo día 8, martes, a CGT fará unha manifestación que sairá ás 19:30 horas da Praza de Vigo da Coruña, para rematar diante da Delegación do Goberno.

A CGT convoca esta manifestación dentro da Xornada de Loita convocada pola organización confederal para protestar polas medidas e recortes antisociais do goberno, así como do anuncio dunha nova reforma laboral que recaerá, como todas as anteriores sobre os traballadores e as clases máis desfavorecidas da sociedade.

Para este sindicato, a convocatoria dunha Folga Xeral é imprescindible para variar o rumbo destas decisión e para que se faga recaer o peso da crise sobre os directos responsables da mesma.

 

A CGT da Coruña convoca manifestación contra o tixeiretazo de Zapatero

A CGT da Coruña, ante a agresión a importantes colectivos que supón a aprobación das medidas económicas "contra a Crise" impostas polo goberno de Zapatero, manifesta o seu absoluto rexeitamento a que recaia sobre os traballadores e as clases máis desfavorecidas o pagamento dunha crise da que non son responsables, mentres os especuladores e as grandes fortunas seguen campando ás súas anchas.

Por isto, ven de convocar unha manifestación na Coruña o día 4 de xuño, venres, que comezará ás 19:30 horas na Praza de Portugal e finalizará na Delegación do Goberno.

 

Homenaxe e lembranza das vítimas na Folga de 1901 na Coruña

Como cada ano, o vindeiro domingo, día 30 de maio, ás 13:00 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar unha ofrenda floral organizada pola CGT da Coruña en lembranza das vítimas na folga xeral (a folga dos "consumeros") que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A ofrenda terá lugar no monolito levantado polas sociedades obreiras e sufragado por subscrición popular no ano 1906 e que está situado no interior do cemiterio.

 

Sykes continúa despidiendo y sancionando a sus trabajadores en A Coruña

La CGT de A Coruña denuncia ante la opinión pública la actitud de la empresa SYKES que, no satisfecha con los 68 despidos aprobados en el reciente ERE ni con los 108 despedidos como "finalización de obra" de los contratos de Telefónica 1004, intenta deshacerse de otros trabajadores mediante despidos disciplinarios por faltas muy graves. Read More

 

1º de maio na Coruña

Cabeceira da mani

Ás doce e cuarto do mediodía tivo lugar a saída da cabeceira da manifestación do 1º de maio da CGT co lema «Cada despido é unha agresión. Ningunha agresión sen resposta«. Máis dun cento de manifestantes participaron no acto, reclamando insistentemente a urxente necesidade dunha Folga Xeral e sinalando a organización e loita da clase obreira como o camiño para enfrentarse ao capital, aos ERES e aos despedimentos. Á manifestación sumouse un grupo de traballadores da CUT, que participaron das reivindicacións plantexadas.

A manifestación rematou na Praza do Humor, onde se deu lectura ao manifesto da CGT da Coruña e se cantou «A las barricadas».

 

Manifesto da CGT da Coruña para o 1º de maio

Pancarta de cabeceira para a manifestación

Este Primeiro de Maio, a CGT da Coruña volve saír á rúa. Nestes tempos nos que a patronal, apo-iándose nunha lexislación cómplice, efectúa milleiros de despedimentos de traballadores ante a pasividade do sindicalismo habitual, a CGT fai un chamamento á mobilización e a solidariedade de clase para amosar, firmemente, que terán a oposición dos traballadores todos aqueles para os que non somos máis que ferramentas de usar e tirar segundo as súas comenencias. Read More

 

Concentración en protesta polo despido de Lupe

O próximo martes 27, ás 19 horas, terá lugar na Coruña unha concentración diante da empresa BNB Espacio Vital, situada na praza de Lugo número 4.

Recordamos que a empresa (adicada á dietética, herboristería e estética) despediu de xeito despreciable á nosa compañeira Lupe, logo de ter que soportar abusos á súa dignidade como nai e traballadora.

ACUDE Á CONCENTRACIÓN EN APOIO DE LUPE

¡NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA!

 

Primeiro de Maio da CGT da Coruña

Este Primeiro de Maio, a CGT volverá a saír a manifestarse polas rúas da Coruña, nesta ocasión co lema "CADA DESPIDO É UNHA AGRESIÓN. NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA".

Para a CGT a situación que está a vivir a clase traballadora é insostible. O despido libre, a existencia de máis de catro millóns de parados e a ameaza dunha nova reforma laboral e do sistema de pensións esixen que os traballadores amosemos firmemente o noso rexeitamento á situación e a que, ás nosas costas, se siga negociando e xogando cos nosos intereses.

Por isto, convocámoste a que participes na manifestación que sairá ás 12 do mediodía da Praza de Pontevedra da Coruña e que rematará na Praza do Humor.

ESTE ANO NON PODEMOS FALTAR NINGÚN

BASTA XA DE DESPIDOS SALVAXES E SINDICATOS DOMESTICADOS

Xantar de confraternidade
Como outro anos, estamos organizando un xantar de confraternidade despois da manifestación. Os que estean interesados deberán anotarse antes do día 27 deste mes de abril. Calcúlase que o prezo estará sobre 12 euros. A anotación será no propio local sindical, por teléfono ou a través do correo electrónico.

 

Xornadas e Exposición sobre as Pedagoxías Libertarias, na Coruña.

O vindeiro martes, 20 de abril, ás 19:00 horas, na Escola de Artes e Superior de Deseño "Pablo Picasso" da Coruña (Rúa dos Pelamios, nº 2), terá lugar a inauguración da Exposición sobre as Pedagoxías Libertarias que está a organizar a Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña.
Read More

 

Unha nova agresión: despedida por ser nai.

O pasado 24 de marzo, a compañeira Lupe foi despedida pola empresa BNB Espacio Vital (adicada á dietética, herboristería e estética) na que traballaba dende hai 10 anos.
Logo de padecer precariedade na contratación durante este tempo, os abusos por parte dos seus xefes agraváronse desde que se reincorporou do seu permiso de maternidade: desprezos, recorte de remuneracións, retrasos, malas condicións de traballo, … que mesmo lle ocasionaron unha depresión e que foron denunciados pola traballadora, sendo refrendados estos feitos polos organismos competentes; cando volveu ao traballo logo da baixa médica por depresión foille presentada carta de despedimento disciplinario baseado en falsas acusacións.
Dende a CGT non se permitirá que esta empresa siga a pisotear os dereitos dos traballadores e traballadoras que, como Lupe, son firmes na defensa dos seus dereitos como traballadora e como nai, enfrentando directa e decididamente calquera tipo de agresión á nosa dignidade.
Se ten creado un grupo en facebook sobre o tema: Yo también me uno al boicot contra BNB Espacio Vital.