post

Acto en memoria das vítimas da represión na Folga Xeral de 1901 na Coruña


O vindeiro domingo, día 1 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de santo Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras asasinadas, vítimas da represión da folga xeral (a coñecida como folga dos «consumeiros») que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.

A homenaxe terá lugar no monolito que foi levantado por iniciativa das sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906.

Ao seu remate, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de todas as vítimas da represión franquista.

Máis información sobre os sucesos da Folga de maio de 1901, premendo nas seguintes ligazóns:

Boletín 1 “A Folga de 1901 – Sucesos do 30 e 31 de maio na Coruña”
Boletín 2 – “Tras os sucesos de Maio de 1901: Represión, Solidariedade e (Re)Organización Obreira«



 

post

CGT Pontevedra – Manifestación 1º Mayo

Convocados por CGT, unos 150 manifestantes recorrieron las calles principales de Pontevedra. Desde el Hospital Provincial, marcharon en un ambiente reivindicativo por Benito Corbal, Plaza de Ourense y Michelena hasta llegar a la Plaza de España, frente a la subdelegación de gobierno.  Encabezaba la manifestación de CGT una pancarta con el triple lema: “Contra a sinistralidade e a represión, ¡Orgánizate e loita! Paremos o xenocidio en Palestina” y, tras ella, pancartas de secciones sindicales en lucha.

            Culminó la manifestación, situándose cuatro de las pancartas en las escalinatas de la subdelegación del gobierno, alusivas a reivindicaciones específicas. Desde este lugar, se dio lectura al manifiesto de CGT y, acto seguido, las intervenciones de portavoces de las Secciones sindicales de CGT en luchas específicas, de Correos, Quirón y Servicio de Atención en Domicilio.

Comité Local de CGT Pontevedra

 

post

Crónica do Primeiro de Maio na Coruña

Perto de 400 persoas participaron na manifestación que saíu, ás 12:30, da praza de Pontevedra, convocadas pola CGT, CNT, CUT e Sindicato de la Elevación, baixo a consigna de «A clase traballadora en loita». Percorreron a rúa de Santo Andrés e, tras subir pola rúa de Panadeiras, remataron no Campo da Leña, onde se leu o manifesto común.

A animación foi a constante de toda a manifestación, na que se corearon consignas en solidariedade con Palestina, contra a militarización e a guerra, a favor da acción directa e chamamentos en solidariedade cos seis da Suiza e á loita como camiño a seguir.

Houbo presenza notable de traballadoras de telemárquetin, unha nutrida representación de Correos e persoal da residencia da Xunta de Caranza, que están atravesando conflitos específicos.

Comité Local da CGT da Coruña