Despóis da farsa do acto de conciliación no SMAC, no que a empresa Atento propuxo «rebaixar» as sancións de 60 a 43
días (mantendo a cualificación como moi grave), @s traballador@s decidiron continuar coas mobilizacións para enfrontarse á prepotencia da empresa e contra esta represión que está a desenvolver contra @s compañeir@s que non se deixan acocotar pola patronal.
Por iso, o próximo xoves, día 4 de agosto, a CGT da Coruña volve convocar unha concentración contra as sancións diante do centro de traballo (Juan Flórez, 89), ás 20:00 horas.
Ademáis de concentracións en todos os centros de Atento do resto de España, Barcelona, Lleida, Valencia, Madrid, Sevilla, León…), @s traballador@s en loita están a recibir a solidariedade de outras cidades, que se están a concretar en concentracións diante de oficinas ou tendas de Telefónica-Movistar (Pontevedra, Vigo, Valladolid, Pamplona, Burgos, etc).
Comité Local da CGT da Coruña
O pasado xoves, día 28, tivo lugar o acto de conciliación no SMAC polas sancións que a empresa Atento impuxo a catro compañeir@s, tres delas de 60 días de suspensión de emprego e soldo.
o non van quedar quedos ante esta nova provocación empresarial e continuarán mobilizándose proximamente. Tamén queren agradecer o apoio recibido durante estas semanas en toda a xeografía do Estado.
O xoves, día 28, continuarán as mobilizacións dos traballadores de Atento en protesta polas salvaxes sancións impostas pola empresa.
A CGT volve facer un chamamento a todos os traballadores e traballadoras de Atento Coruña para que acudan á concentración que terá lugar na rúa Juan Flórez (fronte ao centro de traballo), este xoves, día 21, ás 20:00 horas, para esixir a retirada das brutais sancións que a empresa impuxo a catro afiliados e afiliadas (as máis graves a suspensión de emprego e soldo de 60 días a tres deles) e o cesamento da represión que están a padecer.
…para esixir a retirada das sancións de ata 60 días impostas pola empresa.
En resposta ás salvaxes sancións de ata 60 días de emprego e soldo que Atento ten impostas inxustificadamente, a CGT volve facer un chamamento a todo o cadro de persoal para que acuda á concentración que tenrá lugar este xoves 30 de xuño ás 12:00 horas, diante do centro de trabajo (R/ Juan Flórez) para denunciar públicamente este grave atropelo e exixir a inmediata retirada das mesmas.