Calendario mobilizacións semana-51:

Concentración pola mellora e defensa das pensións.
* Porta MAR15420893_1824780464465787_3498572960330073362_nCO – Vigo
* martes día 20 ás 1930h
* convoca MODEPEN (Movemento pola Defensa das Pensións).
 Manifestación contra a pobreza enerxética.
*mércores día 21 ás 2000h
* saida Vía Norte con Urzaiz – Vigo

Read More

 

Unipost mobilízase de novo

Unipost abusoA CGT de Unipost-Galicia convoca unha manifestación o próximo venres, 16 de decembro, que sairá da Praza de Abastos de Compostela ás 19:00 horas, percorrerá o centro da cidade e rematará nunha concentración na Praza do Obradoiro.

O acto será unha protesta polo vencemento do pagamento da extra de Nadal, ademáis de reclamar o aboamento de todo o que se adébeda aos traballador@s e contra o fraccionamento que veñen sofrindo na recuperación das cantidades atrasadas.

UNIPOST, PAGA O QUE DEBES!

BASTA DE EXPLOTACIÓN LABORAL!

CGT de Unipost-Galicia

 

 

Manifestación contra a pobreza enerxética

Numerosos colectivos, sindicatos e organizacións sociais acordamos convocar una manifestación o día 21 de decembro que visibilice a situación de pobreza enexética que sofre unha boa parte da cidadanía,

photo_2016-12-06_19-08-08a atitude inmesericorde das suministradoras eléctricas e a inoperancia do estado que deixa desamparados as persoas nesta situación de grave risco para a saúde e mesmo para a súa vida.

Read More

 

Hiperxel retira íntegramente a sanción imposta á nosa compañeira.

Suspendense as concentracións previstas para o 13,15 e 23 de decembro na empresa Hiperxel. Trás unha mobilización na central de Hipnuevas_aperturas2erxel na Riouxa, a empresa aceptou as peticións da CGT retirando íntegramente a arbitraria e inxusta sanción imposta a unha compañeira afiliada á CGT.
Constatamos unha vez máis que a mobilización da clase obreira unida acada éxitos como o conseguido.

 

Contra a represión á solidariedade, Lola liberdade!

O pasado domingo, 27 de novembro, a compañeira da sección sindical da CGT na Deputación de Barcelona, Lola Gutiérrez, foi encarcerada pola policía grega por axudar a un refuxiado kurdo a viaxar a Barcelona.
A compañeira declarou actuar como o fixo toda a súa vida, «por convicción política e solidariedade», un caso máis no longo historial dunha activista exemplar na loita polos dereitos sociais.
A pesar da rebaixa na petición de delito do xuíz, a policía grega ha utilizado o uso de prerrogativas especiais e mantena aínda entre reixas por considerala un «perigo para o estado». Desta forma quérese facer escarnio e humillación coa compañeira e que sirva como exemplo para outros solidarias que crean que as persoas valemos máis que as leis represoras dos estados.
Queremos mostrar o noso rexeitamento pola detención de Lola e á vez facerlle chegar nosa máis enérxica protesta por como se está alargando todo este proceso, que impide que a nosa compañeira poida volver a casa.
É por todo iso que lle pedimos que faga as xestións necesarias para que Lola Gutiérrez sexa liberada de inmediato e póñase fin a esta situación absolutamente

Preme aquí e asina o manifesto solidario.

@redesCGTvigo

cropped-headerwp

 

Asemblea do Sector do Comercio da Alimentación

photo_2016-12-04_15-13-33Hoxe, nas asembleas do Sector do Comercio da Alimentación celebradas en Vigo e Pontevedra foi ratificado, en ambas, o preacordo para a firma do convenio provincial. Desconvocase a folga prevista para o 5 e7 de decembro.

En breve, faremos unha valoración de dito convenio punto por punto.

@redesCGTvigo

 

Hoxe, todxs fumos #EmilioCao

Hoxe, todxs co pobo do Carballiño defendendo e apoiando ao seu Veciño #EmilioCaoNa. Contra a Lei Mordaza e contra toda forma de represión. Na mobilización está a solución!

@redesCGTvigo

cyv7ms1wiaeau78-1