no_ere_atento_azagraNo día de hoxe, xoves 3 de xullo, celebrouse en Madrid a primeira reunión do período de consultas do ERE (Expedente de Regulación de Emprego) que a dirección de Atento Teleservicios España ten presentado. A partir de hoxe ábrese un prazo de negociación non superior a un mes no que, según a lei, débese traballar para "evitar ou reducir" os 823 despedimentos que a empresa pretende executar.

Para a CGT esos 30 días son o prazo que temos os traballadores e traballadoras para obrigar a ATENTO a retirar este ataque salvaxe aos nosos postos de traballo. Desde a CGT non aceptamos nin asumimos as causas que hoxe expuxo a dirección da empresa.

A propuesta da empresa por provincias é: Barcelona, 131 despidos; Lleida 25 despidos; Madrid, 187 despidos; Cáceres, 11 despidos; Bilbao, 69 despidos; Córdoba, 36 despidos; Sevilla 63 despidos; Jaén, 45 despidos; León, 48 despidos; Toledo 92 despidos; Valencia, 67 despidos; e A Coruña, 49 despidos.

Os criterios que propoñen para seleccionar aos compañeiros/as son subxectivos, arbitrarios e fácilmente manipulables. Como exemplo, pretende que aspectos como o TMO, ou estar de baixa por enfermidade sexan criterios obxectivos para despedir. Os criterios poden variar ao longo destes 30 días, polo que nestes momentos non hai ningunha lista de compañeiros/as que vaian a ser despedidos/as. Se teñen fixado os martes e os xoves como día de reunións durante todo o mes de xullo.

A CGT ten convocado Asembleas de traballadores e traballadoras en todos os centros de traballo para decidirmos colectivamente as medidas a levar cabo. Animamos a todos e todas a asistir e participar.

Ademais, a CGT denuncia que, mentres a empresa plantexa unha medida tan traumática como esta para aforrar custos, a reunión se ten celebrado nun hotel de 5 estrelas, cun carísimo bufete de avogados (Garrigues) acompañado de economistas, técnicos e demais. Toda esta opulencia é escandalosa e frívola.

A CGT  alédalle saber que os sindicatos UGT, CCOO, USO e STC manifestaran que " se oponen frontalmente" a este ERE. Animámoslles a que agora sexan consecuentes e apoien calquera medida de loita que os traballadores e traballadoras leven a cabo para defender os seus postos de traballo.

Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña

Comparte esta entrada ...