Manifestación Vigo Área Pública

Manifestación multitudinaria en Vigo,Cerca de 150.000 persoas sairon a rua para  en protesta contra os recortes e a pérdida de dereitos dos traballadores.

A manifestación en Vigo comezaba ás 20.30 h dende o cruce de vía norte, sen embargo era tal a cantidade de manifestantes, que o noso sindicato, non puido empezar a camiñar dende praza de Fernando o Católico ata as 21.30 h aproximadamente.

O avance da manifestación prolongouse ata o porto, frente o edificio da Xunta, e se continuou camiñando ata ás 22.30h.
Continuemos movilizándonos contra todos estos abusos e demostrando na rúa a resistencia da clase traballadora.
Polos nosos deritos!

 

Crónica da manifestación unitaria contra os recortes na Coruña

Máis de 70.000 persoas percorreron hoxe as rúas da Coruña na manifestación unitaria contra os recortes. A marcha partiu da praza da Palloza pasadas as 20 horas, e logo de mais de 2 horas, aínda non rematara de chegar ao punto final da manifestación, no Obelisco, preto da subdelegación do goberno.

A CGT da Coruña reuniu un moi numeroso, activo e combativo grupo que foi animando o percorrido da manifestación, a ritmo de percursión e coreando lemas como «Fai falta xa, unha folga xeral», «Que si, que si,  que a reforma e os recortes pra Mariano e pra Botín», «Obreiro despedido, patrón colgado», «Aqui estamos, nós non pactamos», …, xunto con membros de varias asambleias locais do 15M e outros movementos sociais coruñeses, así como centos de persoas animadas polo caracter reivindicativo e participativo do grupo anarcosindicalista.

A masiva resposta da clase traballadora ante os recortes e as reformas do goberno e o capital demostra que é preciso continuar a respostar de xeito contundente aos ataques aos que estamos sendo sometidos os traballadores e traballadoras, dende a unidade na loita e na mobilización de todas as organizacións sindicais cara a unha Folga Xeral no outono, como ven reclamando a CGT dende o pasado mes de marzo.

 

 

Manifestación 19 J: Comunicado de CGT-Pontevedra

La CGT de Pontevedra asistirá a la manifestación del día 19 de Julio, convocada en Pontevedra para las 8,30 horas de la tarde, procurando hacer un bloque unido, con la militancia y afiliación propias y simpatizantes. Frente a la actitud de quienes se atribuyen, sin fundamento alguno, la representación del conjunto de la clase trabajadora pontevedresa, la CGT define públicamente en este comunicado su posición, al tiempo que reitera el llamamiento a todos los trabajadores y trabajadoras de la ciudad para que intensifiquen la movilización social contra la actual dictadura del capital y los gobiernos. Read More

 

Mobilizacións administracións públicas. Contra os recortes en Vigo

Dende o Sindicato de Oficios varios de Vigo, facemos un chamamento para asistir as movilizacións que terán lugar o vindeiro xoves 19 na cidade:
-Concentracións diante dos diferentes centros Públicos (Hospitais, Edificios de Administracións Públicas) as 12 da mañá.
Manifestación Unitaria ás 20:30 h saída do cruzamento Urzáiz-Vía Norte. Remate diante do Edif. Adm. da Xunta.
En defensa dos nosos dereitos!

 

A Xunta xa non ten escusa: ¡Alfageme solución!

Unha vez coñecido a principios desta semana o Fallo da Sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra polo que se desestiman todas e cada unha das pretensións formuladas no Recurso interposto por Uwais Ingeniería, suposta testaferra de Alfageme, contra a eficacia dos avais prestados no seu día pola Xunta de Galicia aos créditos concedidos polo Banco Popular e NCG Banco os novos empresarios de Alfageme (a inmobiliaria Promalar), a CGT de Arousa reitera e esixe a reunión urxente coa Consellería de Economía e representantes das traballadoras e traballadores da Empresa, solictada xa a semana pasada, para desbloquear á venta das súas plantas da conserveira en Vilaxoán e Ribadumia. Read More

 

Mobilizacións na Coruña contra os últimos recortes do goberno.

O pasado sábado, o BOE publicaba as medidas dun novo Plano de Axuste que xa fora anunciado por Rajoy o mércores anterior. Estas medidas afectan á maioría da poboación e supoñen os maiores recortes sociais que se teñen producido nos últimos tempos. Coa excusa do rescate do sector financieiro, estas medidas constitúen unha enorme estafa para acabar cos dereitos básicos de toda a clase traballadora, tanto do sector público como do sector privado.

Por este motivo, a CGT xa ten expresado a necesidade dunha mobilización xeral de toda a sociedade, no entendemento de que estos son tempos de unidade e de que toda a poboación, todas as organizacións sindicais e sociais, saiamos xuntos e, de novo, tomemos as rúas na defensa dos dereitos e liberdades que nos están sendo arrebatados.

Así, a CGT da Coruña fai un chamado á súa afiliación e militancia e a toda a clase obreira á participación activa en todas as mobilizacións que se están a desenvolver, sinaladamente na Manifestación Unitaria que terá lugar no serán do vindeiro xoves, 19 de xullo, ás 20 horas dende a praza da Palloza.

 

Os traballadores e traballadoras de Correos na Coruña en solidariedade cos folguistas de Vigo

Máis de medio centenar de traballadores e traballadoras de Correos se concentraron onte diante do edificio da Xefatura Provincial de Correos na cidade da Coruña para expresar a súa solidariedade cos compañeiros e compañeiras da Unidade de Reparto nº1 que se atopan en folga dende o pasado 4 de xuño, en protesta pola reducción dun 25% do persoal da máis importante oficina da cidade.

Os traballadores e traballadoras de Correos denunciaron a actitude represora e intransixente da dirección de correos que ten aberto 14 expedentes disciplinarios ós carteiros en folga, así como as intencións privatizadoras da empresa.

 

 

La CGT denuncia la situación laboral de los trabajadores de la ETT ADECCO en la empresa de telemarketing EXTEL.

Extel, call center situado en A Coruña (Matogrande), con una plantilla de más de mil trabajadores, contratada por Movistar, para atender sus números de atención al cliente: 900101010, 1004 y páginas web… está utilizando, a través de su ETT ADECCO, contratos basura de apenas unas horas, sometiendo así a los trabajadores a unas condiciones próximas a la esclavitud.

ADECCO y EXTEL se aprovechan de la situación de crisis actual llevando a cabo prácticas abusivas de contratación: a los trabajadores se les envía un SMS ofertándoles un puesto de trabajo de unas horas, sin indicarles ni la duración, ni el horario, obligando a que sean los mismos los que se pongan en contacto con la ETT para acceder a una "oferta" que en muchos casos ya no está disponible, ya que envían SMS masivos. Pretenden que los trabajadores estén siempre a su disposición a cambio de un salario irrisorio. Incumplimientos continuos de un convenio (ya de por si precario), abuso de poder, explotación, esta es la realidad con la que se encuentran estos trabajadores.

Para denunciar públicamente estas prácticas, la CGT de A Coruña ha convocado dos concentraciones de protesta el lunes 16 de julio, a las 12:30 horas delante de la ETT ADECOO situada en Matogrande, Calle Luciano Yordi de Carricarte, 4.

 

Concentración diante de Correos na Coruña en solidariedade cos traballadores e traballadoras en folga en Vigo e por un Correos público social e universal.

Os traballadores e traballadoras de Correos están convocados a unha concentración o vindeiro día 12 de Xullo ás 9:15 horas na entrada principal do edificio da Xefatura Provincial de Correos da Coruña, na rúa Alcalde Casás, reinvindicando un servicio público de Correos, contra a eliminación de seccións de reparto, contra a represión e maila apertura de expedentes disciplinarios, amosando ademáis a sua solidariedade máis absoluta cos carteiros da Unidade de Reparto 1 de Vigo. Estos traballadores están en folga dende o pasado 4 de xuño, en protesta pola reducción dun 25% do persoal da máis importante oficina da cidade que se atopa case colapsada cun millón de obxectos en correspondencia acumulada . Correos en vez de sentarse a negocia-la solución deste conflicto que arrastra un sinnúmero de problemas económicos as empresas viguesas e cidadanía en xeral , permanece intransixente , abrindo por riba 14 expedentes disciplinarios ós carteiros en folga.
As mobilizacións dos traballadores e traballadoras continuarán en toda Galicia en defensa dun servicio público de Correos, contra a eliminación de seccións de reparto, contra a represión e maila apertura de expedentes disciplinarios, e en solidariedade cós compañeiros de Vigo e de todo o Estado que se están a mobilizar contra a política de recortes de persoal, dereitos e condicións de traballo.

 

Contra una sentencia injusta y desmedida. Solidaridad de CGT-Pontevedra

Hoy, 4 de julio, el Secretario general de la CGT de Pontevedra se dirigió a los secretarios generales de CIG y CC.OO, para manifestarles la solidaridad de nuestra organización con los tres sindicalistas (uno de CC OO y dos de CIG), recientemente condenados a tres años y un día de cárcel, por participar en un piquete informativo ante un supermercado en la ciudad de Pontevedra, durante la huelga del comercio de alimentación de 2009. Read More