A CGT NON SE MANIFESTARÁ O VENRES 19 EN REDONDELA

Ante a incorporación da Asociación de Empresarios de Redondela como convocantes da manifestación que hoxe se vai celebrar en Redondela baixo o lema “pola defensa do territorio e da nosa calidade de vida”, esta federación local de Sindicatos manifesta:

Resulta chocante que dita asociación empresarial se opoña xusto agora á execución de grandes infraestructuras coma o AVE ou a proxectada autovía (alternativa 5), proxectos que entran na liña dos seus obxectivos empresariais de dotar de vías de comunicación á industria local e o desenvolvemento pleno dun modelo económico baseado principalmente na depredación dos recursos en aras do propio beneficio. Read More