O domingo, día 7, rematou o XVI Congreso da CGT, congreso que se celebrou, desde o día 4, en Málaga. A este evento acudiron máis de 100 sindicatos dos 160 que ten a organización e uns 600 delegados.
Entre as delegacións estieron presentes os representantes dos sindicatos de Galicia, que tiveron unha destacada participación dado que houbo representación galega en todos os puntos da Orde do Día que se someteron a debate.
Tamén houbo tempo para saír ás rúas de Málaga en manifestación e lanzar berros a prol da Folga Xeral e en contra da crise do capital. Na manifestación, houbo tempo para deixar un recordo na tenda que a empresa Caramelo ten na cidade, en apoio aos traballadores despedidos na Coruña.