" Cando a burguesía ve co poder escapáselle das mans, recorre o fascismo para manter os seus privilexios "

Buenaventura Durruti

 Agora que tan de moda esta o tema da "recuperación da memoria histórica", con lei incluída, esta empresa consciente da importancia de ir cos tempos non ía ser menos. O Xoves día 15 empregando métodos que recordaban outras épocas, comunicoulle a sanción de quince días de emprego e soldo a un traballador.

 A sanción, que para a CGT é inxusta, foille comunicada por catro representantes da empresa. Cando o traballador chegou o seu posto, o encargado e tres altos cargos xa estaban a esperar por el. ¿Tan perigoso era ese home, ou tan grave o seu delito?. Nin unha cousa nin outra.

 Pero ai non quedou todo, unha vez lida a sentencia por tan "imparcial" e "xusto" tribunal un quinto personaxe entrou en acción. Un membro de seguridade encargado de acompañar o traballador ata a porta, para que escomenzase a cumprir a súa condena.

 Unha vez máis o Capital mostra a súa verdadeira faciana con aqueles que tan só reclaman dignidade e ríspeto. Para a empresa e os seus lacaios este honrado traballador era perigosísimo, pero non polo que fixo, senon polo que pedía. O seu gravísimo delito foi reclamar os seus dereitos, algo moi mal visto nesta "modélica" fabrica.

 Dende a Sección Sindical  de CGT queremos mostrar todo o nosos apoio e solidaridade o compañeiro sancionado. E queremos tamén felicitar a eses catro grandes homes que tiveron eles sós o valor de protexernos de tan perigoso criminal. Cando os vosos fillos os pregunten en que traballades non esquezades contarlles esta historia de arroxo e valentía sen parangón, para que cando medren podan sentirse orguiosos dos seus proxenitores, o igual que o estamos tódolos traballadores desta empresa.

A LIBERDADE CONQUISTASE
NON SE MENDIGA

Comparte esta entrada ...