1 de cada sete contratos de eventuais foron a «Idóneos», máis de 600 contratos no ano 2016
A sanción ven logo da denuncia presentada polo noso sindicato, indicando que Correos leva ano e medio formalizando contratos a persoal enchufado, e seleccionado a dedo sen mediar ningún tipo de proba de selección coñecida e transparente, tal como é a obriga de calquera organismo público
Correos tentou argumentar que isto era debido a desaxustes organizativos puntuais, e que eran casos extraordinarios, feito que puidemos probar que non era asi, contabilizando mais de 600 contratos a persoal que non pasara ningún tipo de proceso selectivo transparente, sobre un total de pouco mais de 3000 contratos temporais no 2016. Isto ven sendo mais do 15%, ou dito de outra maneira 1 de cada 7 contratos na provincia da Coruña neste ano foi feito a unha persoa que non pasou ningún tipo de proceso selectivo. Read More
A CGT da Coruña comunica que, tras meses de mobilizacións, o Banco Santander aceptou retirar o traslado forzoso do compañeiro Carlos, que fora obrigado pola empresa a trasladarse desde Ferrol ata Viveiro, a 120 quilómetros do seu domicilio, A Coruña.
A CGT de Unipost-Galicia convoca unha manifestación o próximo venres, 16 de decembro, que sairá da Praza de Abastos de Compostela ás 19:00 horas, percorrerá o centro da cidade e rematará nunha concentración na Praza do Obradoiro.




