Diciamos no anterior comunicado que os dereitos dos traballadores e traballadores de DEMSU teñen a mesma valía que o papel hixiénico. Pois ben, aínda que a dirección da empresa este facendo un gran esforzo por tirar da cadea e que eses dereitos desaparezan dunha vez por todas polo desaugadoiro; os traballadores e traballadoras de DEMSU estamos decididos a que se nos respecte, a poñertle fin os abusos.

Mañá xoves a dirección de DEMSU ten unha grande oportunidade. Mañá xoves o inspector de traballo, tras ser arrastrado, collido dunha orella ata presentarse aquí, fixou unha reunión, na que fará de mediador, entre a dirección e o representante dos traballadores. Entre as demandas dos traballadores de DEMSU destacan o cumprimento do convenio en diversas materias económicas, a revisión das diferencias salariais e a consolidación dos salarios. Tamén o indiscutible dereito á participación dos traballadores establecidos nas leis como é a negociación da formación e das vacacións, a debida atención ó representante dos trabaltadores, o fin da sobrexplotación dos traballadores temporais, a negociación no cambio das condicións de traballo; pois o intento da dirección por cambiar as quendas non é máis que un intento para enfrontar ós traballadores entre si. E non menos importante a educación e respecto no trato cos traballadores. Reclamacións todas elas que non son tal, pois como dereitos que son, deberían ser respectados de por si.

É mañá xoves unha grande oportunidade de mudar unha situación que cada día é máis insostible. E de non mudar os traballadores e traballadoras de DEMSU ternos claro que seguiremos adiante ata que as nosas xustas demandas sexan un feito.

Ademais reclamamos o fin dunha represión que crece día a día. Interrogatorios a porta pechada, recrirninacións inxustificadas, broncas subidas de ton, ofensas a nosa dignidade, espionaxe fotográfico, ameazas coa imposicións de faltas e sancións, denuncias á policía, ou botar as culpas ós propios
traballadores dos erros da dirección
, dos erros de organización ou dos resultados económicos da empresa son as últimas manobras da dirección de DEMSU. Pero por si fora pouco incumpre o a súa obriga máis importante, pagar o salario, sen explicacións, sen nin tan sequera dar unha escusa, querendo así asfixiarnos a nós e as nosas familias.

De todos os xeitos, a represión máis feroz sigue sendo o despido de Fernando. A negativa e a ruptura de calquera negociación ea xogada da dirección de DEMSU. Queren así minguar a súa
firme vontade de xustiza. Queren así que tire a toalla e que acepte unha auténtica miseria como indemnización. Queren así seguir minguando a súa saúde. Fernando a día de hoxe ten concedida
unha baixa de enfermidade pola inspección médica que prorrogou seis meses máis. A dirección de DEMSU tamén pretende ser doutorada en medicina e rexeita a evidencia da enfermidade. A dirección de DEMSU despediu a Fernando por estar enfermo. A dirección de DEMSU despediu a Fernando por defender os seus dereitos. A dirección de DEMSU despediu a Fernando por ser unha persoa con dignidade.

NON PERMITAMOS O DESPIDO DE FERNANDO.

NIN DESPIDOS NIN REPRESIÓN
DEMSU SOLUCIÓN

MAIO 2008

Comparte esta entrada ...