Os traballadores e traballadoras de DEMSU estamos a sufrir unha nova ofensiva por parte da dirección.

Como diciamos no anterior comunicado a reunión entre empresa e representantes dos traballadores coa mediación do inspector de traballo era unha grande oportunidade para empezar a arranxar as xa moi deterioradas relacións entre dirección e traballadores e traballadoras. Tras dúas reunións a empresa non tivo máis remedio que aceptar as reivindicacións dos traballadores, que non eran tal senón un recoñecemento duns dereitos que temos de por si como o indiscutible dereito á participación dos traballadores establecidos nas leis como é a negociación da formación e das vacacións, o fin da sobreexplotación dos traballadores temporais, a debida atención ó representante dos traballadores, o a súa obriga máis importante, pagar o salario. Mais non querían e tivo que ser o inspector de traballo o que lles fixera entrar en razón.

O resto das reivindicacións foron rexeitadas do xeito máis tirano.Chamóusenos paranoicos, esquizofrénicos ou hipócritas entre gritos e coa máis absoluta prepotencia. Case todo elo foi consentido polo inspector de traballo Manuel Pérez Álvarez, que tras comprobar tanto abuso non quixo sancionar a empresa.

Como consecuencia de ditas reunións a empresa descargou unha ofensiva indiscriminada contra tódolos traballadores e traballadoras da empresa eliminando toda mellora salarial para así afundirnos nunha situación de precariedade e explotación aínda maior. Por si fora pouco incumpre sistematicamente o aceptado nas reunións ignorando e provocando ós representantes dos traballadores, tomando decisións unilaterais e antiobreiras, intentando enfrontar a uns traballadores cos outros co vello truco da chantaxe e do chanchullo ou retrasando o pago do salario ata mediados de mes querendo así asfixiarnos a nos e as nosas familias.

De todos xeitos a principal reclamación dos traballadores e traballadoras era a readmisión de Fernando, o compañeiro despedido. Esta reivindicación tivo que ser tratada nas dúas reunións como tamén no SMAC máis foi imposible toda negociación pois a empresa pretendía como condición para comezar unha negociación a humillación pública do despedido, polo que quedounos ben clariño que tiñamos que seguir coas mobilizacións de apoio o compañeiro despedido.

Os traballadores e traballadoras de DEMSU sabemos que estamos nun momento difícil e que só a mobilización e a solidariedade obreira sacaranos desta. Seguiremos adiante ata que as nosas xustas reivindicacións sexan un feito e o compañeiro sexa readmitido. E por todo esto que solicitamos a vosa solidariedade e vos animamos a facerlle fronte a tanta inxustiza, impunidade e abusos facendo chegar o vosa repulsa directamente a DEMSU vía:

e-mail: cad@demsu.com(aquí outra vez o de o link para o de a repulsa)
teléfono: 986288179
fax: 986288478

Comparte esta entrada ...