O vindeiro luns está convocada unha nova Manifestación Unitaria contra o desmantelamento do sector público e contra as agresións do goberno a todos os traballadores e traballadoras.

A gravidade da situación fai precisa unha forte resposta da clase obreira ante os ataques de que está sendo obxecto por parte do capital e o goberno: baixada de salarios, perda de dereitos e condicións laborais, aumento do desemprego, subida de impostos, recortes nos dereitos e os servizos sociais, …

Por tal motivo, a CGT da Coruña fai un chamado a toda a clase traballadora a secundar e participar activamente en tódalas mobilizacións que están a ser convocadas de xeito unitario por todas as organizacións sindicais e, de xeito destacado, na Manifestación Unitaria que terá lugar o vindeiro luns, 30 de xullo, con saída dende a Praza de Pontevedra, ás 19:30 horas.

Comparte esta entrada ...