A situación de explotación e precariedade que está a sufrir a clase traballadora non fai máis que se agravar pola brutal agresión dos poderes políticos e económicos que condenan á miseria a milleiros de traballadores e traballadoras.
Por tal motivo,  a CGT da Coruña, conxuntamente coa CUT, ven de convocar para o vindeiro 17 de xuño, domingo, unha Manifestación contra os recortes e a reforma laboral, baixo o lema «Políticos corruptos, patróns escravistas, banqueiros ladróns… TEMOS QUE ACABAR CON ELES!». Esta manifestación – cacerolada partirá da Praza de Pontevedra ás 12:30 horas para rematar na Praza do Humor logo de percorrer o centro da cidade.