Os sindicatos de Vigo e Pontevedra acordaron facer unha homenaxe ó compañeiro Miguel Carballido, finado o pasado 17 de marzo de 2007.
Non quixéramos que fose ningún culto á persoalidade, senon unha testimuña viva do camiño que percorremos xuntos, da presenza do militante que foi, da viveza actual do seu compromiso … da súa teimuda percura da liberdade e da xustiza social …
A homenaxe será en dous actos semellantes. O primeiro, o sábado día 12 de abril a partir das seis da tarde, no salón de actos do edificio sindical en Pontevedra e o segundo o primeiro de maio en Vigo, en local aínda por decidir.
Iniciará o acto o Coro Libertario de Vigo para a continuación ser presentado polo secretario da CGT de Galicia, e intervirán compañeiros e compañeiras en nome do Ateneo Libertario de Vigo, do Coro Libertario, da publicación La Campana e a micrófono aberto quenes así o desexen.
Finalizará o acto o Coro Libertario.
Durante o acto estarán expostas fotografías do compañeiro Ronny Stansert e se presentará un número especial de La Campana adicado a Miguel Carballido.

Agardamos que eses días, a loita pola liberdade se faga en todos nós máis firme e máis fraterna.

Juan A. Pinto e Rodrigo Vázquez

Cartel da homenaxe

Comparte esta entrada ...