A CGT da Coruña, conxuntamente coa CUT, convoca unha concentración no Obelisco, o próximo sábado, 3 de marzo, ás 12:30 horas, para facer un chamamento a prol da Folga Xeral de 24 horas que está convocada en todo o estado espñaol para o día 8 de marzo, Día da Muller Traballadora.
Para a CGT, a loita contra calquera tipo de desigualdade, xerarquización ou discriminación é prioritaria. Por iso, non podemos admitir a discriminación que, en moitos ordes da vida, teñen a maioría das mulleres traballadoras con respecto aos homes.
As reivindicacións e manifesto da CGT pódense ver picando aquí.
Comité Local da CGT da Coruña