Novo_local_ourense_1O pasado sábado, 15 de marzo, os compañeiros e compañeiras do Sindicato de Oficios Varios de Ourense inauguraban o seu novo local. O novo local sindical da CGT de Ourense está situado na Rua Rei Soto, nº 1, 2º esquerda.
Asímesmo, tivo lugar unha Asamblea Xeral do sindicato na que se produxo a elección dun novo Secretariado Permanente do SOV co compañeiro Serafín Rodríguez (ferroviario) na responsabilidade de Secretario Xeral.

Novo_local_ourense_2Na Asamblea se puxo de manifesto a necesidade de reorganizar a actividade sindical, coa potenciación das diferentes seccións sindicais xa constituídas e para levar o anarcosindicalismo ás empresas onde aínda no ten presencia a CGT. A labor prioritaria, ademais dos distintos conflictos laborais, será organizar o Primeiro de Maio.

 

Comparte esta entrada ...