Os compañeiros e compañeiras da CGT no Hospital POVISA de Vigo continúan as mobilizacións contra os despedimentos. Estas mobilizacións foron acordadas pola maioría do comité de empresa e polas seccións sindicais de CGT, CIG, SGPS, CCOO e UGT.
Dende o pasado luns 2 de marzo, se están a realizar concentracións fronte á entrada de Urxencias. O vindeiro venres, 6 de marzo está prevista unha concentración fronte ao edificio da Xunta de Galicia e a partir das 20 horas unha manifestación unitaria das organizacións sindicais CGT, CIG, SGPS, CCOO y UGT en contra dos despedimentos. O percorrido da manifestación será dende a Praza dos Cabalos ata a Porta do Sol.
Mais info: Blog da Sección Sindical da CGT no Hospital Povisa de Vigo (http://cgthospitalpovisa.blogspot.com.es/ )


AÂ 
STEG e outros colectivos e individualidades. Con saída ás 12 horas dende a caseta de turismo da Ponte Romana, cun recorrido casco vello da cidade para finalizar nos Xardíns do P. Feijoo onde terá lugar a lectura do comunicado conxunto.
Manifestación unitaria que sairá ás 11:00 horas da Praza de Fernando o Católico (Urzaiz) e finalizará na Porta do Sol, convocada pola CGT xunto con outras organización sindiciais: CNT, CUT, Intersindical, Sindicato de Elevación, STEG, e Sindicato de Xornalistas.



Aos estragos que está a causar o goberno do PP no mundo do traballo e nos dereitos sociais, con continuos despedimentos e a perda de dereitos económicos e laborais, destrución de servizos públicos como educación, sanidade, dependencia, transportes, vivenda,… únese agora o ataque ao sistema de pensións, con recortes de prestacións e medidas que poñen en perigo a súa subsistencia.