Manifestación en solidariedade coas traballadoras de Conservas Peña

Compañeiros e compañeiras:

Como xa sabedes, as traballadoras de Conservas Peña están sendo ameazadas co peche do seu centro de traballo en Vilaxoán. Apenas trinta traballadoras fixas da plantilla plantan cara a poderosos inimigos: a conivencia do goberno da Xunta cos intereses económicos do capital máis reaccionario e brutal do país. Pois os actuais donos de Conservas Peña, que a compraron fai un ano e que agora queren pechala para facerse cos terreos da fábrica e saquear os fondos públicos, non son outros que o grupo inmobiliario PROMALAR

A finais do ano pasado o grupo empresarial inmobiliario PROMALAR mercou a totalidade das accións de CONSERVAS PEà‘A e das conserveiras ALFAGEME (con tres centros de traballo, en Vigo, no Grove e en Ribadumia). Read More

 

Concentración de apoyo a Luisito en Vigo

El miércoles 7 de noviembre, a las 12:00 h., realizaremos una concentración delante de los Juzgados (R/Marín, s/n) en apoyo al compañero Luis Marcos Rivera, Luisito, injustamente encausado. Este compañero, militante del Sindicato de Limpiezas de Valladolid, se vio atropellado, detenido y apaleado por la policía en el marco de una concentración en Madrid en enero del 2000. Finalmente, fue encausado bajo la acusación de golpear y causar lesiones a dos de los policías. Ahora debe afrontar una petición del fiscal de siete años y medio de condena. El compañero Luis, que nunca ha confiado en una ley hecha a la medida de los poderosos y de los intereses del Estado, corre el riesgo aquí y ahora, a pesar de su inocencia, de sufrir una condena que le puede hundir la vida.

 

Atento-Coruña para, con todo el telemárquetin, el 18 de octubre

Con motivo de la insostenible situación de estancamiento que atraviesa la negociación del IV convenio estatal del sector, el próximo jueves, 18 de octubre, la CGT ha convocado paros de dos horas en cada turno de trabajo en todas las empresas de telemarketing de España, en las siguientes franjas horarias:

-Turno de noche: de 0 a 2 horas.
-Turno de mañana: de 11 a 13 horas.
-Turno de tarde: de 17 a 19 horas.

¡¡TODOS A LA HUELGA EL 18 DE OCTUBRE!!

 

Congreso do Sindicato Federal de Correos na Guarda

Dales un patadónOs próximos días 19, 20 e 21 de outubro se celebrará na Guarda (Pontevedra) o VI Congreso do Sindicato Federal de Correos. Nel, delegacións das Seccións de Correos da CGT de toda España, debaterán e tomarán acordos sobre temas do seu sector: informes, organización, estratexia, etc., serán analizados a fondo polos compañeiros delegados. Máis información  na páxina web do SFC da CGT.

 

 

Nova Asemblea da CGT da Coruña para a Conferencia Sindical

Na Asemblea xeral que se celebrou onte, 17 de setembro, se acordou a redacción precisa dos acordos que este sindicato propoñerá ó resto da organización na Conferencia Sindical da CGT que se celebrará en decembro. Para a aprobación definitiva destes acordos, a Asemblea autoconvocouse para unha nova Asemblea Xeral de afiliados que terá lugar o día 8 de outubro, luns, ás 19 horas.

Para a elaboración dos textos que se presentarán á Asemblea, faranse reunións de tódolos interesados os venres pola tarde ata o 5 de outubro.

Agárdase a máxima participación.

Comité do SOV da Coruña da CGT

 

A CGT convoca Folga en Atento na Coruña en solidariedade cos despedidos en Valencia

Pancarta Manifestación Atento CoruñaA Sección Sindical da CGT convocou a tódolos traballadores e traballadoras de Atento na Coruña para o vindeiro mércores 5 de setembro a unha xornada de paros de dúas horas por quenda en protesta polos despidos que se suceden nos diferentes centros de traballo da empresa. Se no mes de Marzo foron 200 os despedidos na plataforma da Coruña (logo declarados improcedentes nos xulgados) agora foron 25 compañeiros e compañeiras despedidos na plataforma de Atento en Valencia. Contra a política deslocalizadora de Atento, contra os abusos patronais, os traballadores e traballadoras respostan a esta nova agresión coa folga, en defensa dos seus postos de traballo e dos seus dereitos.

 

Asamblea da CGT da Coruña

O pasado luns, 27 de agosto, o comité local acordou convocar Asamblea Xeral do Sindicato para o vindeiro 17 de setembro, luns, ás 19 horas, nos locais sindicais de Simón Bolivar, 89, baixo na Coruña. A Asamblea tomará en consideración e aprobará, se procede, as propostas presentadas polos afiliados e afiliadas de cara á vindeira Conferencia Sindical do mes de decembro. Coa finalidade de traballar na preparacións dos puntos da orde do día da citada Conferencia, se celebrarán tódolos venres do mes de setembro, a partires das 18 horas, reunións de traballo abertas a tódala afiliación co obxecto de profundizar no debate dos diferentes aspectos a desenvolver na Conferencia.

 

Continuán os despidos en Atento: solidariedade na Coruña cos despedidos en Valencia

O pasado 16 de agosto comunicouse o despido de 25 traballadores con contrato de obra por suposto fin do servizo "Linea de Atención Personal"-1004, que terá efecto o día 31 de agosto. A instancia de CGT, o Comité de Empresa de Atento na Coruña, como mostra de apoio e solidariedade cos compañeiros e compañeiras de Valencia, ten convocado unha concentración en protesta polos despidos o vindeiro luns, 27 de agosto, entre as 11 e as 12 horas, diante do centro de traballo (rúa de Juan Flórez, 80-82).

  Read More