O pasado luns, 27 de agosto, o comité local acordou convocar Asamblea Xeral do Sindicato para o vindeiro 17 de setembro, luns, ás 19 horas, nos locais sindicais de Simón Bolivar, 89, baixo na Coruña. A Asamblea tomará en consideración e aprobará, se procede, as propostas presentadas polos afiliados e afiliadas de cara á vindeira Conferencia Sindical do mes de decembro. Coa finalidade de traballar na preparacións dos puntos da orde do día da citada Conferencia, se celebrarán tódolos venres do mes de setembro, a partires das 18 horas, reunións de traballo abertas a tódala afiliación co obxecto de profundizar no debate dos diferentes aspectos a desenvolver na Conferencia.

Comparte esta entrada ...