Compañeiros e compañeiras:
Como xa sabedes, as traballadoras de Conservas Peña están sendo ameazadas co peche do seu centro de traballo en Vilaxoán. Apenas trinta traballadoras fixas da plantilla plantan cara a poderosos inimigos: a conivencia do goberno da Xunta cos intereses económicos do capital máis reaccionario e brutal do país. Pois os actuais donos de Conservas Peña, que a compraron fai un ano e que agora queren pechala para facerse cos terreos da fábrica e saquear os fondos públicos, non son outros que o grupo inmobiliario PROMALAR
A finais do ano pasado o grupo empresarial inmobiliario PROMALAR mercou a totalidade das accións de CONSERVAS PEà‘A e das conserveiras ALFAGEME (con tres centros de traballo, en Vigo, no Grove e en Ribadumia). Read More