29S: Concentración na Coruña

A CGT da Coruña convoca unha concentración o día 29 de setembro, xoves, ás 12 do mediodía, que terá lugar ante a Delegación do Goberno en Galicia, sita na Praza de Ourense.

Esta concentración é a primeira fase de mobilizacións que a CGT, con outras organizacións sindicais en todo o territorio do estado español, levará a cabo durante todo este outono en protesta pola situación dos traballadores e as medidas de recorte laborais e sociais que se están adoptando coa excusa da crise.

 

Charla formativa sobre as novas reformas laborais

Este xoves, 22 de setembro, a partir das 17 horas, celebrarase nos locais da CGT da Coruña unha charla formativa sobre os últimos recortes e reformas laborais. Con este motivo, desplazaranse desde Madrid dous compañeiros, un do Secretariado Permanente do Comité Confederal e outro do gabinete xurídico confederal.

Polo interés do seu contido, a charla está aberta a toda a afiliación, especialmente aos representantes da CGT nas empresas.

 

Conferencia sobre a reforma laboral e a campaña confederal de outono

Este mércores 21 de setembro ás 19:00 na sé da Federación Local de Sindicatos de Vigo

Contaremos ca presencia de Luis Romón, Secretario de Organización do Secretariado Permanente da CGT do estado e de Jacinto Medrano, membro do Gabinete Xurídico Confederal.

En dita conferencia abordarase a reforma laboral e darase a coñecer o contido da campaña Confederal deste outono.

 

29-S Manifestación en Vigo

Saída ás 20:00 dende a praza de fernando o católico

 

Tras a profundización dos recortes, reformas e ataques contra os e as traballadoras ao longo deste verán, que contrasta coa falta de vontade de dar unha resposta real e necesaria a estes ataques por parte do sindicalismo institucionalizado, reafirmámonos no convencemento de que chegou o momento de saír xuntos á rúa a dicir Basta !, pondo en marcha, sen

Read More

 

 

 

Unidade contra a represión sindical en Bosch-Vigo

 

Concentración en Vigo este xoves 21 de xullo, de 13:30 a 14:30 no centro de Bosch da Avenida de Madrid.

 

Este xoves 21 de Xullo de 2011 de 13:30 a 14:30 haberá concentracións diante das portas que a multinacional alemá Bosch Communication Center ten no estado español. Estaremos protestando simultaneamente nos tres centros de chamadas desta multinacional do telemárketing: Vigo, Madrid e Barcelona.

Moita xente nunca asociaría o logotipo de Bosch á precariedade e á represión sindical nun sector como o telemarketing. Máis ben pensariamos na fabricación de lavadoras, fornos, taladros,

Read More

 

 

Nengún despido sen resposta en Bosch. Bea readmisión!

 

 

A Secretaria de saúde laboral da sección sindical de CGT na empresa de telemarketing "Bosch communication center" en Vigo, Beatriz del Amo García, foi despedida o día 10 de xuño pola empresa mediante despido disciplinario.

 

 

Dende CGT entendemos que o despedimento se produce en represalia directa á actividade sindical que dita traballadora estaba a exercer na empresa.


Read More