Manifestación contra os recortes e o desmantelamento dos servizos públicos

A CGT da Coruña, unitariamente co resto de sindicatos da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, convoca á manifestación que o próximo luns, día 15 de outubro, ás 19:00 horas, sairá da Praza de Pontevedra da Coruña co obxectivo da manifestación é a de amosar a nosa protesta polos recortes antisociais do gobernos e polo desmantelamento dos Servizos Públicos, que están afectando aos sectores máis débiles da poboación. Ao mesmo tempo, están entregando nas más privadas o que ata agora era de todos (transporte ferroviario, sanidade, educación), roubándonos o que nos custou décadas acadar. Estas políticas ocúpanse dos pobres banqueiros, pero nos recortan dereitos laborais e sindicais, nos baixan as prestacións do paro, fannos pagar máis polas menciñas, recortan salarios e pagas, déixannos sen vivendas… Non podemos consentir que nos sigan esquilmando e temos que paralos. E entre todos podemos.

BASTA XA DE MENTIRAS E DE RECORTES!

TODOS Á RÚA O DÍA 15!

 

Concentración na Coruña en solidariedade coa Folga Xeral en Euskadi – Manifesto

Hoxe, 26 de setembro,  a CGT e outras organizacións sindicais, teñen convocada Folga Xeral en Euskadi en contra dos recortes e as medidas antisociais do goberno.

A CGT da Coruña, en coincidencia coa folga dos compañeiros e compañeiras vascos, realizará unha concentración no Obelisco ás 19:30 horas, en solidariedade coa loita dos traballadores e traballadoras de Euskadi e para continuar avanzando na loita contra os recortes e as reformas do goberno de Mariano Rajoy.

A CGT da Coruña fai un chamamento ao conxunto da clase obreira coruñesa para que se mobilicen e acudan a esta concentración, na que se dará lectura ao seguinte Manifesto:

Read More

 

Concentración en solidariedade coa Folga Xeral en Euskadi

O próximo día 26 de setembro, mércores, varios sindicatos, entre eles a CGT, teñen convocada unha Folga Xeral en Euskadi contra os recortes e as medidas antisociais do goberno. Os traballadores de Euskadi non queren xa seguir agardando pola decisión do sindicalismo pactista e consideran que xa non se pode esperar máis, que non pode haber nin máis dilacións nin máis distracións.

A CGT da Coruña, en coincidencia con esta data, convoca unha concentración na zona do Obelisco ás 19:30 horas, para amosar a súa solidariedade cos traballadores en loita de Euskadi e para continuar coa loita contra os recortes e as reformas antiobreiras do goberno se Mariano Rajoy. A CGT da Coruña fai un chamamento a todos os traballadores para que se mobilicen e acudan a esta concentración. O futuro depende de nós.

 

Xornada de loita 17-S: Folga no sector ferroviario e manifestación na Coruña

A CGT ten acordado intensificar as mobilizacións que se veñen producindo contra os recortes e as reformas antiobreiras do Goberno, promovendo unha mobilización social xeralizada e contundente, mediante Xornadas de Loita que nos conduzan á convocatoria dunha Folga Xeral con capacidade real de afectar os intereses económicos da élite dirixente, capaz de enfrontar a ofensiva de recortes e reformas contra os nosos dereitos por parte do goberno e maila patronal.

A CGT da Coruña, no marco da Xornada de Loita do vindeiro 17 de setembro, chama a toda a súa afiliación e militancia, así como ao conxunto da clase obreira coruñesa a participar na manifestación en defensa do ferrocarril público e social, en coincidencia coa folga no sector ferroviario que teñen convocado, de xeito unitario, todalas organizacións sindicais con representación nos Comités de Empresa de ADIF, Renfe e Feve.

A Manifestación partirá da Estación de Mercadorías de San Diego, ás 19:30 horas, e rematará na Estación de San Cristobal.

 

Chourizada – Concentración contra os recortes na Coruña

O vindeiro martes, 28 de agosto, ás 18 horas, a CGT da Coruña realizará no Obelisco unha chourizada-concentración contra os recortes e as agresións que estamos a sufrir a clase traballadora.

Con este acto, imos a dicirlles aos poderosos que non aturaremos que nos leven á ruína e á miseria, que non imos aceptar as súas mentiras e que a cada novo roubo e a cada agresión nos van ter enfronte. Acabemos cós chourizos, con aqueles que nos rouban, nos oprimen e nos explotan: cós políticos mentiráns, cós patróns negreiros, cós banqueiros ladróns, cós xuíces prevaricadores, …

 

Asemblea Área Pública da CGT Coruña

O venres, día 17 de agosto, ás 18:00 horas, terá lugar unha Asemblea de afiliados da Área Pública da CGT da Coruña, para debater e adoptar acordos sobre cómo enfrontar os ataques que están a sofrir os traballadores públicos, incluídos tanto os das diferentes administracións públicas como os das empresas públicas, ademáis da sanidade e o ensino, así como fundacións, asociacións e outras entidades que están a sofrir igualmente os recortes.

 

Convocados paros en Extel

Tras el éxito de la concentración realizada ayer ante las puertas de la empresa Extel, con un corte de tráfico de 45 minutos incluido, Extel continúa con su política de agresiones contra los trabajadores. Inmediatamente después de la concentración, la empresa comunicó el despido de otra compañera, utilizando además las formas más humillantes para proceder al despido.

Ante esta situación, la CGT y la CIG han decidido convocar paros de una hora por turno (de 12:00 a 13:00 y de 18:00 a 19:00) el próximo día 21 de agosto, para acabar con estas prácticas en la empresa.

Ver vídeo

 

Mobilizacións contra os despidos en EXTEL Coruña

O pasado 27 de xullo, EXTEL (empresa do sector do telemarketing) ten executado dous novos despidos, que se veñen a unir aos xa realizados recentemente. Neste caso, as afectadas son duas compañeiras coordinadoras do departamento de «Retención Genérica PYMES». O motivo que a empresa ten alegado, é o baixo rendemento, unha excusa que urdiron, para poder botar á rúa a estas traballadoras sen ningunha indemnización. Mentres a empresa e os seus secuaces lambecús seguen tratando de nos vender 0 conto de que este é un bó lugar para traballar, a realidade é que para eles somos simples números cós que poder xogar.

Para a CGT, calquera despido é inxusto, pero non hai despido máis aberrante e provocador que o do capricho do patrón: aquel que toca non se sabe ónde, nin cándo, nin a quién. Só coa solidariedade, o apoio mutuo e maila acción directa dos traballadores, poderemos conseguir que cesen estas inxustas agresiónes que estamos a padecer.

Por isto, a CGT convoca, xunto coa CIG, unha Concentración en protestas polos despidos o vindeiro martes 7 de agosto as 15:00 horas, diante da empresa, no Edificio Proa de Matogrande.

Xa é hora de que os traballadores lle plantemos cara, a dirección da empresa, que únicamente busca explotarnos cada vez máis, para acadar o máximo beneficio a nosa conta ... Temos que ser conscientes de que todos estamos sendo atacados. Tentan que sexamos sumisos meténdonos o medo no corpo, coa única intención de irnos aniquilando pouco a pouco. SE TOCAN A UN, TÓCANNOS A TODOS

 

3 de agosto: Folga no sector ferroviario

A CGT, xunto có resto dos sindicatos de ADIF, FEVE e RENFE-Operadora, ten convocado Folga de 24 horas para o vindeiro venres, 3 de agosto. Esta Folga forma parte dun calendario de mobilizacións unitarias que se veñen desenvolvendo contra as medidas dictadas polo goberno. Medidas que suponen, entre outras cousas, a segregación de RENFE-Operadora en catro sociedades mercantiles, a privatización (liberalización) do transporte ferroviario de viaxeiros a partir de xullo de 2013, a supresión da empresa FEVE o vindeiro 31 de decembr0 de 2012, subrogándose en Adif e Renfe, perdas salariais e de condicións laborais dos traballadores, …

En coincidencia co día de Folga, a CGT da Coruña chama á participación na Concentración convocada na Estación de San Cristobal da Coruña, ás 11 horas, o vindeiro venres, 3 de agosto.

 

Manifestación Unitaria na Coruña contra o desmantelamento do sector público e os recortes.

O vindeiro luns está convocada unha nova Manifestación Unitaria contra o desmantelamento do sector público e contra as agresións do goberno a todos os traballadores e traballadoras.

A gravidade da situación fai precisa unha forte resposta da clase obreira ante os ataques de que está sendo obxecto por parte do capital e o goberno: baixada de salarios, perda de dereitos e condicións laborais, aumento do desemprego, subida de impostos, recortes nos dereitos e os servizos sociais, …

Por tal motivo, a CGT da Coruña fai un chamado a toda a clase traballadora a secundar e participar activamente en tódalas mobilizacións que están a ser convocadas de xeito unitario por todas as organizacións sindicais e, de xeito destacado, na Manifestación Unitaria que terá lugar o vindeiro luns, 30 de xullo, con saída dende a Praza de Pontevedra, ás 19:30 horas.