Hoxe, 26 de setembro,  a CGT e outras organizacións sindicais, teñen convocada Folga Xeral en Euskadi en contra dos recortes e as medidas antisociais do goberno.

A CGT da Coruña, en coincidencia coa folga dos compañeiros e compañeiras vascos, realizará unha concentración no Obelisco ás 19:30 horas, en solidariedade coa loita dos traballadores e traballadoras de Euskadi e para continuar avanzando na loita contra os recortes e as reformas do goberno de Mariano Rajoy.

A CGT da Coruña fai un chamamento ao conxunto da clase obreira coruñesa para que se mobilicen e acudan a esta concentración, na que se dará lectura ao seguinte Manifesto:

SOLIDARIEDADE CON EUSKADI EN FOLGA

A situación para a clase traballadora non fai máis que empeorar: o de-semprego continúa crecendo e non ten trazas de deterse, continúan producíndose milleiros de desafiu-zamentos, os comedores de carida-de están ata os topes e por todos lados hai miseria, sufrimento e de-sesperación.
Ante isto, a resposta do goberno é a de facer responsables da crise aos traballadores e aprobar unhas nor-mas laborais e sociais que veñen agravar aínda máis a situación da nosa clase: restricións de dereitos laborais e salariais, redución das prestacións por desemprego, favo-recemento do despedimento sen causa, recortes nas prestacións de dependencia, eliminación de pagas e soldos nalgúns colectivos e desmantelamento e privatización do público, da sanidade, da educación, do transporte público, etc. Para máis inri, o goberno dedícase a entregarlles milleiros de millóns aos bancos, a conceder amnistías fiscais e a subir os im-postos dos produtos de primeira necesidade.
E que facemos os traballadores? En lugar de rebelarnos e defender con uñas e dentes o que tanto suor e, moitas veces, sangue, nos custou conseguir, permanecemos impasi-bles ou, no mellor dos casos, face-mos tímidas mobilizacións coa es-peranza de que os nosos gobernan-tes sentan mágoa nosa e modifi-quen a súa política antisocial. Desta pasividade é responsable o sindica-lismo habitual, que confía moito máis na acción política e no pactis-mo desmobilizador que nas propias forzas do movemento obreiro. Así, agora se esforzan en promover e vendernos un disparatado referendo e unha consulta popular mentres as listas do paro seguen medrando sen fin e a pobreza al-canza cada día a máis poboación.
Pero non todos pensamos igual; hoxe mesmo, 26 de setembro de 2012, milleiros de traballadores es-tán en folga xeral en Euskadi convocados polos sindicatos combativos, entre eles a CGT. Estes compañeiros en folga estannos demostrando a todos que é posible o enfrontamento con esta partida de lacaios do capitalismo e que xa chegou a hora de dicir basta ante tanto atropelo e tanta inxustiza que o pobo está soportando.
Para nós hoxe en un día de loita, de denuncia e de combate contra as medidas antiobreiras do goberno. Tamén é un día de solidariedade con todos aqueles que, como os compañeiros vascos, non se resig-nan, con todos aqueles que non aceptan a mensaxe de que non hai outro medio para saír adiante que a destrución dos dereitos acadados, con todos aqueles que loitan para conseguir unha nova sociedade, xusta e igualitaria en troques deste sistema de desigualdade, inxustiza e opresión.
Din os poderosos que é o momento de arrimar o ombreiro e de remar todos no mesmo sentido. Nós dici-mos que estamos fartos de que os únicos ombreiros que se arrimen sexan os nosos, de que as únicas costas que se dobren sexan as nosas e de facérmonos bochas e ca-los nas nosas mans de remar, mentres eses mesmos poderosos seguen enchendo o bandullo e gozando das súas vida de luxo.
Pero isto vai rematar; para a CGT xa está chegando o tempo en que afrontemos con contundencia a si-tuación, que poñamos a esta manda de parasitos no seu sitio e que ocupemos os traballadores o lugar de dignidade que nos corresponde como creadores da riqueza social que somos.
Compañeiras e compañeiros, sen máis dilacións nin distraccións, che-ga o momento de actuar.
SOLIDARIEDADE COS TRABALLADORES DE EUSKADI!
VIVA A FOLGA XERAL!
VIVA A CLASE OBREIRA!

Comparte esta entrada ...