post

Compostela. Unipost despide a unha carteira embarazada tras notificar dita situación

Despois de notificarlle a Unipost, o pasado venres 26 de maio, a traballadora A.M.P.G. que se atopaba na súa décima semana de xestación, hoxe, luns 29 de maio de 2017, no seu primeiro día de traballo tras a notificación de embarazo, e ao finalizar a súa xornada laboral, o seu xefe comunícalle a rescisión do contrato e que desde ese momento xa non traballa para Unipost.

Non conforme Unipost con manter aos seus traballadores nun estado de precariedade e emerxencia social permanente, atenta agora contra os dereitos fundamentais dos traballadores discriminando a unha muller polo simple feito de estar embarazada en pleno século XXI.

Este feito ocorre, ademais, dentro dun marco de incumprimento por parte deUnipost das súas obrigacións cara aos traballadores: atrasos constantes nas nóminas, as pagas extraordinarias de 2016 aínda sen abonar, as do 2017 corren igual sorte e unha negociación do convenio colectivo bloqueado por parte de *Unipost.

Para a CGT, este feito é intolerable e utilizará todos os mecanismos existentes para lograr a readmisión da traballadora.

Sección Sindical de CGT en Unipost Compostela

 

post

#27M Columna sur galega presente!

Xunto ao Bloque Combativo de Clase recorrendo as rúas de Madrid para por no centro a loita da clase traballadora. O pobo ten dereito a pan, traballo e teito.

 

 

 

post

A Coruña. Asembleas, concentración e folga en Extel contra as pretensións da empresa

A CGT, tras a actitude da empresa na última reunión falsamente negociadora sobre a modificación substacial das condicións de traballo, decidiu convocar un novo paro de 24 horas en todos os centros de traballo que a empresa ten no estado o mércores día 24. No centro da Coruña, a folga é convocada tamén pola CIG.

A empresa pretende decretar que se traballe o máximo número de fins de semana posibles, que se modifiquen quendas, que se reduza a xornada… En definitiva, a empresa non contempla que os traballadores teñan vida fóra da súa consecución de beneficios empresariais. Con isto, a empresa obriga a renunciar aos postos de traballo ou a traballar en condicións que raian na escravitude. E iso a CGT non o vai consentir.

Para informar do acontecido na reunión, celebrarnase asembleas no edificio sindical de Alfonso Molina, o martes, día 23, ás 12:30 e ás 16:15. Tamén, o mesmo día do paro, o día 24, haberá concentración-pitada diante da tenda de Movistar da Praza de Pontevedra ás 12:00 horas.

SÓ COA NOSA UNIÓN PODEREMOS AMOSAR A NOSA FORZA!

AS NOSAS VIDAS NON SE VENDEN!

CGT da Coruña

 

post

A Coruña. Continúan as concentracións en solidariedade con Fredie

A CGT da Coruña convoca unha nova concentración diante do centro de traballo que a empresa Atento ten na Coruña, na rúa de Juan Flórez, o día 23, martes, a partir das 20:00 horas. Con esta concentración a CGT quere seguir manifestando o seu apoio a Fredie, sancionado con 60 días de suspensión de emprego e soldo pola empresa, cuxa única motivación é a de amosar aos traballadores que é ela quen manda e que non está disposta a aturar a traballador@s díscol@s e loitador@s.

A empresa xa debería coñecer á CGT e debería saber que non nos vai amedrentar nin nos van calar. Por iso, continuaremos concentrándonos e denunciando ante a opinión pública as prácticas represivas dunha patronal insaciable.

60 DÍAS SEN COBRAR, TERRORISMO PATRONAL!

Comité Local da Coruña CGT

 

 

post

[Vigo] Acción sindical contra os abusos en Hiperxel 19-05-2017

Nova mobilización contra os abusos da empresa Hiperxel (Grupo Iberconsa). O pasado venres 19 de maio realizamos unha caravana de protesta con concentracións diante de tres centros de Hiperxel reclamando a admisión das traballadoras despedidas e contra o peche de tres tendas sen previo aviso.

 

post

CGT Pontevedra: 20 M, Defensa da Sanidade Pública!

Dous días despois da exitosa realización da "I Marcha contra Peche de Camas nos hospitais de Pontevedra", convocada pola Agrupación Prosegal e apoiada pola CGT, este terceiro sábado, 20 de maio, agora convocados pola Marea Branca (da que forma parte a CGT de Pontevedra) estaremos de novo nas rúas de Pontevedra, en defensa da Sanidade Pública.

A CGT de Pontevedra chama ós seus afiliados, simpatizantes e ó conxunto da sociedade pontevedresa a participar activamente este 20 de maio nunha nova edición da Marea Branca en defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade. A concentración, convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública terá lugar en Pontevedra, Praza da Peregrina, ás 12,30h. Read More

 

post

[Vigo] Caravana protesta contra Hiperxel

 O venres 19 continuamos coas mobilización contra os despedimentos e os peches sen comunicación ao comité de tres tendas Hiperxel do grupo Iberconsa. Saimos de novo en caravana de protesta dende o hiperxel de Torrecedeira (10:30h)  e iremos ao centro de rúa Urzaiz e remataremos na tenda Hiperxel de Dobrada .

 

post

A Coruña. Paro de 24 horas en Extel

Extel, empresa do grupo Adecco e subcontrata de Telefónica-Movistar presentou unha Modificación Substancial Colectiva de Condicións de Traballo.

O pasado 11 de maio, iniciouse o período de consultas polo que Extel pretende aplicar unha modificación substancial colectiva que afecta a 857 traballadoras e traballadores en todo o estado, sendo na Coruña 334 afectadas e afectados.
Segundo manifesta a empresa, a causa que motiva esta medida, é a comunicación por parte de Telefónica do cambio de horario comercial de atención ao cliente, que pasará a ser de 9:00 a 22:00 horas, de luns a domingo.
Centos de traballadoras e traballadores verán modificados os seus horarios e xornadas, nun sector, o de telemárquetin, caracterizado pola precariedade laboral.
Para a CGT esta medida obedece unicamente a un intento da empresa de destruír traballo estable, que levará implícito o impedimento de conciliación da vida laboral e familiar para aquelas traballadoras e traballadores que se vexan na necesidade de aceptar os novos horarios e quendas expostas.
Ante este ataque á clase traballadora, a CGT, xunto con CIG, convoca unha folga de 24 horas para o vindeiro xoves 18 de maio e unha concentración ás 12:00 horas ante as portas do centro de traballo, no edificio Proa (R/ Enrique Mariñas s/n), en Matogrande.

Sección Sindical da CGT en Extel-A Coruña

 

post

A Coruña. Nova concentración en Atento en solidariedade con Fredie

A CGT da Coruña convoca concentración, mañá martes, ás 20:00 horas, diante do centro de traballo que a empresa Atento ten na rúa Juan Flórez da Coruña, Esta concentración, está motivada pola sanción de 60 días de emprego e soldo ao compañeiro Alfredo Jorge (Fredie), de Madrid.

Con esta sanción, Atento volve a usar a política do medo contra os que se resisten a tragar co sen "bo facer" laboral. Con este ataque desta empresa experta en precariedade condena ao traballador aínda máis á miseria, provocando que non se podan aumir as facturas mási básicas (aluguer, mantenza, luz, auga, gas, etc.).

Este novo ataque á CGT non vai quedar impune nin vai cambiar nada na acción do noso sindicato, e, por suposto, non nos vai calar.

60 DÍAS SEN COBRAR, TERRORISMO EMPRESARIAL!

TODOS SOMOS FREDIE!