Continúan as mobilizacións en Atento-A Coruña

374-atento-atenta

 

Continúan as mobilizacións iniciadas pola CGT o xoves 23 de xuño para esixir a retirada das brutais sancións de suspensión de emprego e soldo de ata 60 días que  Atento impuxo  inxustificadamente a 4 traballadores  traballadoras del centro de traallo da Coruña. Nesta ocasión a concentración tenrá lugar  xoves 7 de xullo de 20:00 a 21:00 horas, diante do centro de traballo (R/ Juan Flórez) e o seu obxectivo é denunciar públicamente este grave atropelo e esixir a súa inmediata retirada.

Sección Sindical CGT Atento A Coruña

 

Continúan as mobilizacións en Atento Coruña

CGT_movistar_cascosEn resposta ás salvaxes sancións de ata 60 días de emprego e soldo que Atento ten impostas inxustificadamente, a CGT volve facer un chamamento a todo o cadro de persoal para que acuda á concentración que tenrá lugar este xoves 30 de xuño ás 12:00 horas, diante do centro de trabajo (R/ Juan Flórez) para denunciar públicamente este grave atropelo e exixir a inmediata retirada das mesmas.

Sección Sindical CGT Atento A Coruña

 

Readmisión despedidos BBVA

BBVA procedeu a despedir, sen apertura de Expediente Disciplinario previo, e por tanto en clara situación de indefensión, a 14 persoas á vez, baixo a acusación de «ruptura da boa fe contractual, por baixa produtividade». Maioritariamente ocupaban postos comerciais, aínda que tamén hai algún GAC, todos na Rede de Oficinas. O perfil dos 14 é «falta de ambición profesional», en palabras do Banco.

Que se despediu a 2 persoas por Territorial, coa excepción de 3 na Centro e 1 en Canarias, xa dá unha idea clara de que esta medida non ten nada que ver coa obxectividade nin coas persoas afectadas. Estamos ante unha agresión directa contra o emprego do conxunto do persoal. Buscan preparar o terreo e amedrentar ao conxunto de traballadores e traballadoras do BBVA. A orixe desta forma de actuar é consecuencia da mediocridade e incapacidade dos directivos do banco. Lonxe de asustarnos, só cabe responder coa contundencia que o momento require.

Todos os Sindicatos presentes na Empresa convocan a unha concentración ás portas de BBVA de 11:00 a 12:00 horas, (usa os teus 20 minutos de descanso e acompáñanos) o vindeiro luns 27 de Xuño en todo o Estado. En Galicia, na sede da Dirección Territorial do Noroeste, no Cantón Pequeno, 18-21 da Coruña.

SÓ HAI UNHA ACCIÓN POSITIVA QUE REALIZAR: PARTICIPAR E SUMAR CAPACIDADE COLECTIVA DE RESPOSTA. PORQUE MAà‘Á PÓDECHE TOCAR A TI.

Convocantes: CC.OO. – UXT – CGT – ACB – CIG – ELA – LAB – SCAT – CSC – SEC

 

Paro de 24 horas en Atento, o 23 de xuño

represinA empresa de telemarketing Atento continúa a súa guerra sucia contra os dereitos e a dignidade dos traballadores e traballadoras. Queren que queden sentados e calados nos seus postos de traballo e non se rebelen ante as súas cada vez meirandes atropelos. O último, as salvaxes sancións (inxustificadas e inxustas) de suspensión de emprego e soldo de 60 días a tres compañeiros e compañeiras do servizo CAT ADSL: Juan, Rubén, e Montse (que ademais ocupa a responsabilidade da secretaría da CGT en Atento a nivel estatal), ademais de outra sanción de 4 días a Sabela. Se non abondaba con non ter tempo nin para beber, coas presións para vender ou para non rexistrar avarias, cos seguimentos, as gravacións e escoitas abusivas, coas constantes ameazas e faltas de respecto, Atento da un paso mais e agora, só por atacar a quen planta cara, deixa sen cobrar durante dous meses a tres compañeiros, porque din que no mes de maio fáltalles tempo de conexión no terminal telefónico AVAYA.

A empresa non vai a acadar o seu obxectivo de asustarnos e agora mais que nunca, temos que facerlles fronte. Por isto, a CGT ven de convocar un Paro de 24 horas, para o día 23 de xuño, no que tamén terá lugar unha Concentración ás 12 horas, diante da tenda de Movistar na Praza de Pontevedra, 4.

Sección Sindical CGT Atento A Coruña

 

A CGT da Coruña viaxa a Madrid o 18 de xuño

nuevo-1 pequeño

A CGT da Coruña participará na manifestación "En defensa do público" que terá lugar en Madrid o día 18 deste mes de xuño. A CGT participará para reivindicar a recuperación, para todos, dos bens incautados polo Estado e polas diferentes formas que este adopta, dos bens comúns para que sexan xestionados por todos, é dicir, polos traballadores e usuarios afectados, a través de mecanismos de democracia directa.

A CGT da Coruña non está defendendo a estatalización da vida, senón unha vida na que se administren as cousas por todos en troques do goberno das persoas, que o único que fai é xustificar un sistema económico e social inxusto como é o actual.

Por iso, a CGT da Coruña acudirá a Madrid para manifestarse con milleiros de compañeiros e compañeiras do sindicato e centos de organizacións sociais que xa anunciaron o seu apoio á convocatoria para berrar a favor da defensa dos servizos públicos e pola recuperación do que é de todos.

Comité Local da Coruña

 

Sancións de ata dous meses en Atento-A Coruña

13332929_2046674798890960_4870010241614758403_n

A CGT quere denunciar a represión sindical que este sindicato está padeiendo no centro de traballo da Coruña, materializada en sancións de 60 días de suspensión de empleo e soldoa tres afiliadas e afiliados- aducindomotivos falsos- además doutra sanción de 4 días a outra afiliada. La gravidade destas sancións é que deixan inxustamente sen cobrar durante dous meses a unstraballadores que, coas súas precarias xornadas e salarios apenas chegan a fin de mes.

Estas sancións coinciden coa continuación, por parte dá CGT, dunhas mobilizacións cuxo fin é poñer freo aos constantes abusos da empresa. Con elas Atento e Telefónica-Movistar pretenden amordazar a unhas traballadoras e traballadores que, cada vez máis cansos das súas condicións laborais, non dubidan en denunciar publicamente as presións, ameazas e acosos que viven día a día. Read More

 

19 de xuño: Marea Branca en defensa da Sanidade Pública

a3mareablancacoruc3b1alugopontevedrafinal1A CGT chama a participar activamente o vindeiro domingo 19 de xuño nunha nova edición da Marea Branca en defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade , convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública.
As mobilizacións terán lugar simultaneamente nas cidades da Coruña, Pontevedra e Lugo, ás 13:00 horas, nos seguintes puntos: Na Coruña, no Obelisco; en Pontevedra, na Praza da Peregrina, e na Praza Maior, na cidade de Lugo.

 

Paros e concentracións en Atento na Coruña

concentración AtentoOs traballadores e traballadoras de Atento continúan os paros dunha hora por quenda un día á semana, en protesta polas condicións de explotación ás que a empresa someteos na atención a clientes de Movistar: presión excesiva na consecución de ventas, ainda que os clientes chamen para por reclamacións ou facer consultas; ordes de non tomar nota de averías nos servizos de atención técnica, de tal xeito que os fallos non poden ser resoltos; limitación de atención de chamadas a un tempo determinado, coa conseguinte insatisfacción dos clientes… todo isto súmase ás xa habituais condicións polas que levan anos movilizándose: acoso no traballo, sancións, cambios constantes de horarios e de departamentos, exhaustivo control do traballo, grabacións constantes das chamadas atendidas… O vindeiro luns, 6 de xuño, terán lugar concentracións durante os paros, diante do centro de traballo na rúa de Juan Flórez, ás 12 e ás 19 horas.

 

Acto en lembranza das vítimas da folga xeral de 1901

PlacamonolitoComo todos os anos, a CGT celebrará unha ofrenda floral no monolito que as sociedades obreiras, por suscrición popular, erixiron o ano 1906 no cemiterio de San Amaro en memoria das vítimas da folga xeral que tivo lugar na Coruña os días 30 e 31 de maio de 1901. O acto terá lugar o próximo domingo, día 5 de xuño, ás 12:30 horas.

Ao remate do acto, trasladarémonos á Avenida de Navarra, para facer outra ofrenda no conxunto escultórico erixido en memoria das vítimas do franquismo.

Máis información sobre so sucesos de 1901: A folga de 1901, no blog Memoria Libertaria na Galiza.

 

La CGT Convoca paros en ATENTO Coruña

Los lunes 23 y 30 de mayo, la CGT convoca paros de una hora en Atento Coruña y en Atento Madrid

????????

Con esta jornada de lucha, las trabajadoras y trabajadores quieren acabar con las deplorables condiciones a las que les someten Atento y Movistar (empresa para la que presta servicios toda la plantilla del centro de Coruña): presión excesiva en la consecución de ventas, aunque los clientes llamen para poner reclamaciones o hacer consultas; se dan órdenes de no tomar nota de averías en los servicios de atención técnica, de tal forma que los fallos no pueden ser resueltos; se limita la atención de llamadas a un tiempo determinado, con la consiguiente insatisfacción de los clientes… todo esto se suma a las ya habituales condiciones por las que llevan años movilizándose: acoso en el trabajo, sanciones, cambios constantes de horarios y de departamentos, exhaustivo control del trabajo, grabaciones constantes de las llamadas atendidas. Read More