Extel, empresa do grupo Adecco e subcontrata de Telefónica-Movistar presentou unha Modificación Substancial Colectiva de Condicións de Traballo.
O pasado 11 de maio, iniciouse o período de consultas polo que Extel pretende aplicar unha modificación substancial colectiva que afecta a 857 traballadoras e traballadores en todo o estado, sendo na Coruña 334 afectadas e afectados.
Segundo manifesta a empresa, a causa que motiva esta medida, é a comunicación por parte de Telefónica do cambio de horario comercial de atención ao cliente, que pasará a ser de 9:00 a 22:00 horas, de luns a domingo.
Centos de traballadoras e traballadores verán modificados os seus horarios e xornadas, nun sector, o de telemárquetin, caracterizado pola precariedade laboral.
Para a CGT esta medida obedece unicamente a un intento da empresa de destruír traballo estable, que levará implícito o impedimento de conciliación da vida laboral e familiar para aquelas traballadoras e traballadores que se vexan na necesidade de aceptar os novos horarios e quendas expostas.
Ante este ataque á clase traballadora, a CGT, xunto con CIG, convoca unha folga de 24 horas para o vindeiro xoves 18 de maio e unha concentración ás 12:00 horas ante as portas do centro de traballo, no edificio Proa (R/ Enrique Mariñas s/n), en Matogrande.
Sección Sindical da CGT en Extel-A Coruña
Ante os despedimentos que se veñen producindo no BBVA, a CGT convoca, xunto co resto de sindicatos, unha concentración que terá lugar diante da sede territorial do BBVA na Coruña (Cantón Pequeno, 10-12), o xoves, día 23, entre as 10:00 e as 11:00 horas.